martes, 1 de noviembre de 2011

O Destino...

Viaxa a través do Universo cara ao teu destino. Porque o destino non é fráxil. A fraxilidade está no pensamento dos que non cren nel.
Eu tamén deixei nun intre da miña vida de recoñecer a súa importancia. Pensei que era libre e consecuente para trazar o meu propio camiño. Sen meta. Sen destino. Pero por moi libre que sexas, nunca coñeces o tamaño da túa xaula. A propia vida é unha xaula, máis grande ou máis pequena según o teu discurrir por ela...
Polo tanto, un día observei que vivir é elexir cada día. Un cento de eleccións. Dalgunhas delas somos conscientes, e doutras non. Delas depende que a chegada ao noso destino sexa máis ou menos dolorosa. Máis ou menos feliz.
Ata se o sendeiro che parece gris, non te esquezas de que o gris tamén é unha cor. E, lembra que, as veces, é preciso limpar os ollos coas bágoas para ver mellor. Fala e garda silencio cando debas facelo, porque o silencio é o barullo máis forte, para ben ou para mal.
Eu desexo para mín e para ti que... a nosa realidade sexa mellor ca os nosos soños... Que vos agarde un marabilloso destino!

viernes, 7 de octubre de 2011

Configurando o tempo...

Afortunadamente xa comezou a xornada normal de traballo. Tres días de actividades para os nenos e nenas, clases de ioga para min, guións, maquetas de manualidades...
Gústame traballar pensando nos meus destinatarios. Porque eles aínda que se enrabechen ás veces, que o fan, aínda que pretendan desobedecer as normas, que o fan, ou entonen unha canción protesta porque "queremos que nos paguen por venir al cole" (e isto é verídico), son persoas con problemas que reciben da circunstancia na que viven, con máis amor ou menos según o entorno que os rodea, cunha liberdade medida, case sempre, pero aproveitada, tamén case sempre. Mais, sobre todo, coa verdade nos seus ollos. Que funciona de maneira transparente. Ou me gustas ou non... O que un gaña cando a resposta é positiva, é moi valioso. O que se perde cando non hai atracción, é moi penoso.
A algarabía que te fai adoecer cando non te atopas ben físicamente, a merma da voz porque a gorxa di "basta", ou a tolería derivada do exceso de responsabilidade... non son motivo para non disfrutar con un traballo, que, ademáis de proporcionarme a maneira de gañarme a vida, proporcioname a satisfacción de agrandar o meu corazón...
Gracias para Anahí, Aaron, Sheila, Andrea, Helena M., Helena S., Xabi, David, Adrián, Brais,
Noa, Diego, Yerai, Nico, David, Sandra, Antón, Paula, Claudia L., Claudia, Fabiola, Marco, Aine, Lorena, Ángela, Laura, Silvia, Sabela, Aroa, Álvaro, Alexandra, Lucas, Noa, Pablo, Sergio, Rosa Mª, Gabriela, Mario, Xiana, Xorxe, Iván... ¡Quérovos!... Pero no meu universo tamén escintilan outros meniños e meniñas cos que neste momento non traballo, pero xa traballei, ou que non estiveron nunca baixo os meus coidados... porque aportan sorrisos ou ledicia á miña vida.
Aprenderemos os maiores a non deixar de ser nenos tan de golpe para mergullarnos na hostiliade dos sentimentos máis despreciables?... Tentémolo!... Hakuna Matata! ou "Vive e deixa vivir!" ou "vive e tenta ser feliz!

martes, 4 de octubre de 2011

Cousas de meniños... que son auténticas verdades.

Uns meniños foron preguntados sobre que significaba para eles a palabra "amor". Eles contestarón como o fan os nenos, coa mente despexada de calquera prexuicio. Porque o amor non entende de medos, de rancores, nin nada semellante. O amor é un sentimento que sempre está aí.

Mateus de 6 anos, dixo que "O amor é cando alguén te incomoda, pero ti, aínda que te fartes, non te enoxas, porque sabes que poderías ferir os seus sentimentos".

Agora, un gran pensador é Pedro de 4 anos, que reflexiona así: "Amor é o que te fai sorrir cando estás canso".

O punto de vista feminino, parte da mirada de Noelia, que con só 7 anos, pensa así: "Amor é cando lle dis a un rapaz que a camisa que leva é bonita, e él comeza a poñela todos os días".

Pero, para profunda, a reflexión que fai Jessica, de 8 anos, que ten claro que a hipocresía e o amor, non casan en absoluto "Non deberíamos dicir "ámote" senón o sentimos. Pero, se o sentimos, debemos dicilo moitas veces. As persoas poden esquecerse".

Despois disto, non queda moito que engadir. Cada un que pense o que queira. Os que me queren, saben o que penso eu...

sábado, 1 de octubre de 2011

Eu escintilo...

Eu escintilo... Cando remato o camiño que me levou a fin que perseguía.
Eu escintilo... Cando descubro que os meus amigos son amigos porque llo di o seu corazón.
Eu escintilo... Cando reflicte o sol na miña pel, e cando reflicte a lúa na miña alma.
Eu escintilo... Cando un poderoso ten actitudes xenerosas sen máis.
Eu escintilo... Cando un pobre sabe converterse en rico sen destragar o seu espírito.
Eu escintilo... Cando un meniño medra ben mantido de agarimo.
Eu escintilo... Cando a persoa que me acompaña desfruta da miña presenza.
Eu escintilo... Cando a música que escoito se transforma en enerxía positiva no meu interior.
Eu escintilo... Cando alguén entende que ser "ti" é complicado, pero ser "eu" é máis difícil aínda.

Todos podemos escintilar mentras o Ceo estea cheíño de estrelas, o mar rebose de auga, o mundo sexa variado e multicor, os corazóns bombeen máis depresa coa forza do amor, as bolboretas sexan de vida curta pero libre, os cabalos de paso firme pero sereno, os países negocien e non guerreen, a xente morra de vella e non de dor... E todos NOS observemos que o camiño da vida non está despexado de obstáculos, non é doado de seguir, non é sombreado, nin está iluminado dabondo en ocasións, tampouco demasiado recto para non perderse nin tan ancho coma para non saírse a cada pouco... Pero, cando chegas a donde sexa, disfrutarás do que queira que te agardaba na meta.

jueves, 29 de septiembre de 2011

A ópera dos tres reás...

Onte estiven... estivemos alí. Apoiando a aqueles actores e actrices que facían piña con Tosar para crear un espectáculo musical moi bo. A obra satisfixo ao público presente. O artista principal, Luís Tosar, estivo aí, dandoo todo. Demostrou unha vez máis a súa valía como actor, aínda que queda bastante claro que non é cantante de musicais. Non importa, porque esa carencia queda suplida polos outros membros do equipo, que fixeron gala de posuir grandes voces, sobre todo, as féminas.
Non sei se o carácter desta obra era adecuado para arrepiarse. Esta é unha palabra que a min me gusta moito. Pero non co uso que lle concede o diccionario galego, que se refire a sensación de que os pelos se che poñan de punta por sensacións de medo ou terror. No galego do meu pobo, usábana para definir o reflectir das emocións(boas ou malas) nos poros da pel, que fai que se che ericen os pelos. Ou sexa, que vale tanto para un roce agarimoso, un disfrute visual ou auditivo, un susto... O caso é que a ópera vale máis de tres reás. Tosar tivo o seu momento de lucimento expreso cando pudo reivindicar o poder do diñeiro sobre as persoas e os seus conflictos propios.
Sentadas ao noso lado, as enchidas de emoción nai e avoa dun dos músicos, noivo a súa vez dunha das actrices e estupenda cantante... Que riquiñas!
Valeron a pena as case tres horas de espectáculo. Isto é o bo facer dos galegos. O mérito tamén para Quico Cadabal. A vida mesma contada en galego e cantada tamén en galego.
A continuación deixovos unha estrofa dun dos temas titulado "A Balada da boa vida":

Hai xente espiritual que escolle antes
mercar un libro que comer as papas.
vivir nunha choupana chea de ratas.
A min todo iso quítamo de diante!
A vida simple para quen a quixer
Porque(aquí entre nós) para min non é.
E podo asegurarlles que ninguén
Por moi santo que sexa a vai querer
A LIBERDADE? QUE IMPORTANCIA TEN?
SE TES FARTURA, SI QUE VIVES BEN.

En fin, os que me coñecen saben o que penso, os que me critican que se divirtan, os que me queren respeitan o meu corazón, e os que estén de acordo... Serei estúpida?

jueves, 22 de septiembre de 2011

Identidades.

Estamos acudindo ás despedidas das súas señorías no Senado e no Congreso pola proximidade das Eleccións Xerais. Encontro de sentimentos, de hipocresías, de farsas, de dedicación, de menos dedicación... De Identidades.
Eses lugares deben de ser iso, xuntanza de patrimonios humanos diversos que se toleran, se respetan, pero non se mesturan. Para así conservar cada un a súa propia esencia.
Lémbrome dun poema de Federico García Lorca, precioso, onde define a cada un dos cidadáns que compoñen o puzzle de España, considerando a súa orixe. Non sei se estou totalmente de acordo coa descripción que corresponde aos galegos... pero non vai desencamiñado, aínda que eu sinto que faltan un par de versos para completar a nosa identidade de pobo... poderíase engadir algo así coma "que observan calladitos, hasta que les lastiman el alma"... Un dicir.

Asturianos de braveza,
vascos de piedra blindada,
valencianos de alegría y
castellanos de alma
labrados como la tierra
y airosos como las alas.
Andaluces de relámpagos
nacidos entre guitarras,
y forjados en los yunques
torrenciales de las lágrimas;
extremeños de centeno,
gallegos de lluvia y calma;
catalanes de firmeza,
aragoneses de casta.
Murcianos de dinamita,
frutalmente propagada;
leoneses, navarros, dueños
del hambre, el sudor y el hacha,
reyes de la minería,
señores de la labranza,
hombres que entre raíces,
como raíces gallardas
vais de la vida a la muerte,
vais de la nada a la nada.
Yugos os quieren poner
gente de la hierba mala,
yugos que habéis de dejar
rotos sobre sus espaldas.

Reflexionemos sobre o que nos pareza a cada un de nós...

martes, 13 de septiembre de 2011

O que busca...

O que busca a verdade corre o risco de atopala. E, as veces, non é amable. Mais, eu penso que nada está perdido se un ten a coraxe de proclamar que todo está perdido e faise preciso comezar de novo. A cousa consiste en que se a vida é inxusta contigo, ti non sexas inxusto con ela. O lema, que non loites para vivir, vive para disfrutar da túa circunstancia. Calquera que che tocase en sorte. Mira cara atrás, sempre haberá outras peores.
Cando tés a sensación de estar derrotado, observa que a derrota ten unha dignidade que a victoria non coñece.
Agora, se non posúes ningún pensamento interesante que transmitirme, non fales. Faino só se podes mellorar o silencio... Seguro que na maioría dos casos pódese mellorar.
E, na fin do camiño... agárdanos a morte. A morte non é máis ca unha vida vivida. En troques, a vida é unha morte que ven...
Agardo que entendas o que escribo... Se non podes facelo... usa o teu silencio...

domingo, 11 de septiembre de 2011

DESIDERATA

Escucha entonces la sabiduría del sabio:

“Camina plácidamente entre el ruido y las prisas,

y recuerda que la paz puede encontrarse en el silencio.

Mantén buenas relaciones con todos en tanto te sea posible, pero sin transigir.

Di tu verdad tranquila y claramente;

Y escucha a los demás,

incluso al torpe y al ignorante.

Ellos también tienen su historia.

Evita las personas ruidosas y agresivas,

pues son vejaciones para el espíritu.

Si te comparas con los demás,

puedes volverte vanidoso y amargado

porque siempre habrá personas más grandes o más pequeñas que tú.

Disfruta de tus logros, así como de tus planes.

Interésate en tu propia carrera,

por muy humilde que sea;

es un verdadero tesoro en las cambiantes visicitudes del tiempo.

Sé cauto en tus negocios,

porque el mundo está lleno de engaños.

Pero no por esto te ciegues a la virtud que puedas encontrar;

mucha gente lucha por altos ideales

y en todas partes la vida está llena de heroísmo.

Sé tu mismo.

Especialmente no finjas afectos.

Tampoco seas cínico respecto al amor,

porque frente a toda aridez y desencanto,

el amor es tan perenne como la hierba.

Acepta con cariño el consejo de los años,

renunciando con elegancia a las cosas de juventud.

Nutre la fuerza de tu espíritu para que te proteja en la inesperada desgracia,

pero no te angusties con fantasías.

Muchos temores nacen de la fatiga y la soledad.

Más allá de una sana disciplina,

sé amable contigo mismo.

Eres una criatura del universo,

al igual que los árboles y las estrellas;

tienes derecho a estar aquí.

Y, te resulte o no evidente,

sin duda el universo se desenvuelve como debe.

Por lo tanto, mantente en paz con Dios,

de cualquier modo que Le concibas,

y cualesquiera sean tus trabajos y aspiraciones,

mantente en paz con tu alma

en la ruidosa confusión de la vida.

Aún con todas sus farsas, cargas y sueños rotos,

éste sigue siendo un hermoso mundo.

Ten cuidado y esfuérzate en ser feliz”.


Esta composición descubrina un día pendurada na parede dun fogar calquera. A palabra DESIDERATA procede do latín e significa: "un conxunto de cousas que se botan de menos e se desexan"... En cada un de nós hai unha desiderata, aínda que non estexa pendurada da parede...

lunes, 5 de septiembre de 2011

Freddy... inesquecible.

De seguir con vida, esta lenda do Rock cumpliría 65 anos. Este home que naceu en Tanzania no ano 1946, un 5 de setembro baixo o nome de Farrokh Bulsara, deixou unha pegada imborrable no mundo da música, da estética e marcou unha época coa súa peculiar forma de vivir.
Seguro que a mestura de culturas que compuxo a súa existencia, tivo que ver no desenvolvemento dun persoaxe nada común. Excelente profesional, excelente enfiador de sentimentos con notas musicais. Valente na maneira de participar do momento que lle tocou disfrutar, e, tamén sufrir.
O seu pasamento, tivo lugar no ano 1991, vítima dunha neumonía que se lle complicou coa sida que contraera. Un día antes fixera público que padecía a maldita enfermidade.
Xerou controversia pola súa orientación sexual,por ocultar que padecía sida, mal que viña sufrindo facía sete anos antes do seu falecemento... Mais, ás veces, cando os espíritos libres se mesturan coa arte a nivel comercial, xorden estes conflictos.
O seu grupo tamén foi moi criticado cando actuaron en Sudáfrica, cuxo goberno mantiña o apartheid...
Pero eu penso que foi consecuente coa súa filosofía de vida. Podes ser "normal" e adicarte a observar a outros que son "especiais" por saírse da norma de vez en cando, ou ser "especial" e pensar que os "normais" pasarán intres moi entretidos a túa conta.
Gracias, Freddy, polos marabillosos momentos.

viernes, 2 de septiembre de 2011

Falando de intimidade...

Isto ven a propósito do rebumbio xurdido despois de que visen a luz unhas fotos do bailarín Antonio Canales en actitudes... que eu defino como íntimas. Si, aínda que sexa nun lugar público. Pero a intimidade non sempre ten que ver coa ocultación, ou a soidade. O diccionario da RAG, define a palabra "íntimo" da seguinte maneira: "Que existe no máis profundo e interno dunha persoa". Non confirma en ningún momento que os feitos deban levarse a cabo nun ou noutro sitio.
Polo tanto, non vexo o por que de certas reaccións. Non sabemos se había xente arredor, non sabemos en que lugar da praia estaban eses homes... Mais coñecemos que un fotógrafo armado cunha cámara irrumpiu na intimidade de dúas persoas. E malia que eu non son das que adoptaría un actitude semellante en público, é ben certo que esceas similares teñen lugar tódolos días en moitos lugares abertos. Ou é que se se producen entre home e muller non teñen o mesmo impacto?
Como queira que sexa... "Que falen de min, aínda que sexa mal"... Non o digo eu, que o dixo Oscar Wilde. Pero eu estou tan ocupada querendo aos que me queren, que non teño tempo para odiar aos que me odian.
Remato cunha frase... perfecta: "Non se pode separar a paz da liberdade, porque ninguén pode estar en paz con si mesmo senón é libre". Démoslle vía libre as expresións de amor, que as guerras xa se fan notar soíñas... Bicos.

miércoles, 31 de agosto de 2011

Setembro outra vez...

Mañá comeza un novo setembro. Porta do outono. Un outono que traerá consigo o esgotamento do ano 2011. Mañá tamén se abren novas circunstancias. Uns voltarán o traballo, outros estarán máis preto de facelo, tal é o meu caso(afortunadamente), haberá quen teña que enfrontarse por vez primeira a unha escola, unha gardería, unha universidade...
Haberá xente que se alonxe da súa parella, outros que casen, outros que se namoren nos últimos suspiros do verán...
A vida daralle o finiquito a algúns para firmar contrato de nacemento con outros.
Mais, tamén as anduriñas comezan os preparativos para a súa viaxe cara aos países que lles ofrezan mellor tempo... Eu coñezo unha anduriña que viaxará en busca de novas experiencias na súa vida. Non percura a calor, nin a praia, nin o sol... Só pensa atopar feitos que lle axuden a enfiar a súa vida. De seguro que conseguirá o que debe acadar. Non o dubido. Non lle falta responsabilidade, nin arrestos para encarar ese futuro. E... sempre, sempre estará aquí o seu niño cheo de amor. Ese lazo non se rompe nin con kilómetros de terra, nin co mar, nin con outra língua, nin co frío ou a calor.
Teño de fondo aos Beatles. Curiosamente cantan "Let it be"...

domingo, 28 de agosto de 2011

Hoxe vai de cancións...

Pois si. E vou comezar con unha de Alaska, da miña adorada Alaska. Trátase daquela que se chama "A quien le importa". Eu penso exactamente igual, aínda que ás veces é complicado desfacerse dos perxuicios. Xa dicían os Jarabe de Palo que "según como se mire todo depende". Se miras o asunto con bos ollos é máis doado. Cando crees na xente, podes atopar "ríos onde só hai asfalto", como din a parella que forma o dúo Cómplices.
Os Homes G, berraban que "Marta tiña un marcapasos". Xa cho creo ben, porque despois de que Alejandro Sanz dixese que non tiña quen lle curase o seu "corazón partío", seguriño que Marta decidiu protexer o seu coa maquiniña en cuestión.
O lugar onde vives tamén ten que ver co teu estado de ánimo. Mira senón para o señor Sabina, que "vive no número sete da rúa Melancolía", e por máis que desexa mudarse para a rúa da Ledicia, non da pillado o tranvía. Menos mal que o leva bastante ben e ponse a asubiar a melodía na escaleira. Por exemplo, John Lennon pasaba moito do seu tempo imaxinando un mundo sen países nin relixións, nin guerras... Ou sexa: en PAZ. E morreu na labor, porque aínda non fomos quenes de conseguilo. Polo menos, fagamos o amor e non a guerra entre nós, para axudar. Aínda que o teñamos que facer nun Simca 1000, que mira que é difícil. Xa o dicían os Inhumanos. Mais, se non tes un coche deses, podes quedar "baixo a luz da lúa", por recomendación dos Rebeldes. Estes eran tan rebeldes, que cando escoitaban aos Secretos dicirlles "Déjame", elles contestábanlle "No me importa nada", como lembraba Luz Casal. Quen polo visto pasa de todo e despois quere que penses nela todo o tempo co seu "Piensa en mi".
Eu quero agradecer porriba de todo a Vida, e, por iso collo prestada unha canción de Violeta Parra que se chama así, e reflicto uns cantos párrafos aquí.

"Gracias a la vida, que me ha dado tanto,
me ha dado la risa y me ha dado el llanto,
así yo distingo dichas de quebrantos,
los dos materiales que forman mi canto..."

O dito, se che peta, vive a "vida loca", porque ela é a túa fin... Iso si, sen facer dano aos outros...

jueves, 25 de agosto de 2011

Corazón de princesa...

Hoxe adico este blog a todas aquelas mulleres que teñen corazón de princesa...

La princesa está triste
¿Qué tendrá la princesa?
Un suspiro se escapa
de su boca de fresa.
¡Qué ha perdido la risa!
¡Que ha perdido el color!
La princesa está pálida
en su silla de oro,
está mudo el teclado
de su clave sonoro.
Y, en un vaso olvidada,
se desmaya una flor.

La princesa no ríe
la princesa no siente.
La princesa persigue
por el cielo de Oriente
la libélula vaga de una ilusión.

¡Ay! la pobre princesa
de la boca de rosa,
quiere ser golondrina
quiere ser mariposa
tener alas ligeras,
bajo el cielo volar,
ir al sol
por la escala luminosa de un rayo,
saludar a los lirios
con los versos de mayo,
o perderse en el viento
sobre el trueno del mar.

Nunca deixedes fuxir a sensibilidade que levades dentro. É mellor ter corazón de princesa que gardar na alma unha besta... Xa non importa de onde vides, pero é fundamental coñecer o lugar cara a onde ides...

martes, 23 de agosto de 2011

O comezo da transformación social?

Estou encantada. Puxen a tele ao mediodía. Antes do comezo do telexornal, anuncian a voda da Duquesa de Alba... Esta nova, pódese interpretar como se queira. Eu penso que tratándose dunha muller nos derradeiros anos da súa vida, que posúe o maior rango aristocrático de España, co maior capital inmobiliario deste país, e, con liberdade para facer o que lle pete... Ai!, é o triunfo do amor sobre todas as cousas. Agora os que me tildades de romántica podedes facelo con máis razón, pero penso que non vou moi enganada... Ou si? Pois gústame esta nova.
Mais, a que me parece interesante é a dos millonarios franceses. Si, eses que piden pagar unha maior cantidade de impostos para axudar á economía do seu país. Proposta que, por certo, non deixa de ser unha réplica da que lle fixeron no ano pasado outros cidadáns adiñeirados a Obama. Sexa como sexa, independentemente dos intereses que movan a iniciativa, é fabuloso que isto aconteza... Quero millonarios españois que se sumen cos seus cartiños a esta actitude. Ou galegos... Non como iogures da marca Danone, poucas veces gasto produtos de Lóreal, e non teño tratos coa Société Genéralé... Pero si que visto roupa de Inditex, entrei no Corte Inglés máis dunha vez, e encántame ver como triunfa o amor na vida da Duquesa... A que esperan?

lunes, 22 de agosto de 2011

Mutismo imposto ... Reto.

Pasei unha boa fin de semana. Xente estupenda, praia, sol... Pero a cousa é que a miña lingua viaxa comigo a onde queira que eu vaia. Polo tanto, de vez en cando teño que escoitar aquilo de que "non te calas nin debaixo da auga".
Normalmente, acostuman a dicirmo máis os homes que as mulleres. E, seguramente será porque sempre manteño un xoguiño de palabras para contrarrestar o seu modo de "atacar"... Mellor non... dirixirse... as féminas.
A cousa é que animada pola idea de demostrarlles aos señores en cuestión que son perfectamente capaz de manterme coa boca pechada durante un bo pouco, propúxenme facer silencio durante 5 horas, nin máis nin menos.
Non é tan complicado, aínda que neste caso a proba viuse agravada polos señores que pasaron toda a cea provocándome amparados no feito de que eu non podía ou non quería romper o prometido.
Pois aguantei... Ata as doce menos cuarto, cando, inconscientemente, pronunciei unha palabra coma resposta a pregunta formulada por unha das mozas. O caso é que despois dese tempo, xa non sabía case falar e doíame a gorxa.
Mais, podía rir. E fixen iso como contestación as provocacións masculinas. E tamén podía usar a mirada... A mirada fala moito.
Remato cun anaco dun poema, vai de "miradas".
Hay miradas que van más allá
que los ojos con que miran
miradas que pueden penetrar
muy dentro de nuestras vidas.

Hay miradas que de verlas nos elevan
a un mundo más allá de la gloria
hay otras que sin decir palabras
son calladas declaraciones de amor.

domingo, 7 de agosto de 2011

O premio é o tempo...

Hoxe recibín un correo que facía unha semellanza entre os cartos dun premio que un banco depositaba cada día na túa conta e os segundos dos que dispoñemos cada día para vivir ata que remate o préstamo. Porque, vivir é ser posuidores dun préstamo ou beneficiarios dun premio.
Se nos ofrecesen un premio diario en euros fraccionado na mesma cantidade ca os segundos dos que dispón o día, e nos puxesen a condición de gastalos todos cada 24 horas ou perder o resto, de seguro que poucos de nós perderíamos unha pequena cantidade de euros diarios. Compraríamos para nós, os familiares, os amigos, e para calquera que nos parecese adecuado... Pola contra, non facemos o mesmo co tempo. Ás veces, deixámolo correr mentras somos meros espectadores. Non o disfrutamos polos medos, pola comodidade, pola ignorancia... ata polo egoísmo.
Non é malo de vez en cando observar. Tan só ollar como roda o reloxo nun sopor de silencio e tranquilidade. Iso non é perder tempo. Pero, cando nos plantamos agardando o paso das agullas, o cambio de folla no almanaque, o troco de calendario... Non somos merecedores da vida que nos tocou vivir.
Hai un poema de Mario Benedetti que fala do tempo da maneira máis fermosa. O seu título é "Tiempo sen tiempo".

Preciso tiempo, necesito ese tiempo
tiempo que otros dejan abandonado
porque les sobra o ya non saben
que hacer con él.
Tiempo en blanco
en rojo
en verde
hasta en castaño oscuro
no me importa el color.
cándido tiempo
que yo puedo abrir
y cerrar como una puerta.
Tiempo para mirar un árbol, un farol,
para andar por el filo del descanso,
para pensar qué bien, hoy es invierno,
para morir un poco
y nacer enseguida
y para darme cuenta
y para darme cuerda.
...

viernes, 5 de agosto de 2011

E, fóronse co vento...

Pois si. Debeu de ser o vento do Norte que azouta tan a miúdo Galicia, ou calquera dos outros o que fixo que o único expoñente vivo da información diaria en Galego,o Xornal, se fose a pique. Claro que sobrevivirá en internet, pero... xa non poderemos tocar as páxinas para repousar os ollos e os dedos sobre as súas letras deseñadas para formar fermosas palabras que conten cousiñas nunha das línguas máis agarimosas.
É ben certo que nalgún momento eu mesma critiquei a actitude da dirección deste Xornal por certas maniobras pouco éticas. Mais, pechar un medio de comunicación é sempre unha acción deplorable, aínda que ese medio sexa algún que eu me sei. O caso tamén ten que ver con que ademais da falla de subvencións, que o Goberno lle concede a outros periódicos máis poderosos, os cidadáns de a pé, non axudamos con noso euro ou euro e pico a encher a balda que lle debería corresponder a prensa narrada só en galego. Tampouco mercamos libros galegos dabondo, nin temos máis ala dun ou dous deputados no grupo mixto no Parlamento Español. Carecemos de identidade como pobo. E, iso non nolo vai dar ninguén. Iso só o imos conseguir nós... Eu observo todos os días o asombro que causas nalgunhas persoas cando te escoitan falar en galego. De feito, tiven que escoitar de xente que despois de estar falando conmigo un día, preguntou por min a outros referíndose a língua que utilizaba... e a outras cousas, creo.
Vou aportar un poema que atopei nunha páxina de autores galegos. Titúlase "Sem"

Livro sem leitor
Cançao sem ouvinte
Filme sem espectador
Sinfonía sem compositor.

Busca o teu leitor
E toparás o senso da túa novela
O compás da túa cançao
A lei do teu teorema.

miércoles, 3 de agosto de 2011

Lo prohibido... Pablo Neruda.

Aquí van uns cantos párrafos soltos do poema de Neruda:

- Queda prohibido chorar sen aprender.
- Levantarte un día sen saber que facer.
- Ter medo das túas lembranzas.
- Non loitar polo que queres.
- Queda prohibido non sorrír aos problemas.
- Deixalo todo por medo.
- Non converter en realidade os teus soños.
- Queda prohibido non demostrar o teu amor.
- Facer que alguen pague as túas débedas e o mal humor.
- Queda prohibido non ser TI diante da xente.
- Finxir ante as persoas, que non che importan.
- Non vivir cada día coma se fose un último sospiro.
- Queda prohibido non crear a túa historia.
- Non comprender que o que a vida che da, tamén cho quita.
- Queda prohibido non buscar a túa felicidade.
- Non vivir a túa vida con actitude positiva.
- Non pensar que podemos ser mellores.
- NON SENTIR QUE SEN TI, O MUNDO NON SERÍA IGUAL.

martes, 2 de agosto de 2011

Intransixencia, incongruencia, in...

Antes de nada, quero falar dun proxecto que comeza hoxe e, non ten nada que ver co título. A cousa é que fai tempo que me engaiolaba a idea de materializar un "soño". Aínda que non sei se chamalo asi... Mandar polo mundo un libro, ou chámese albúm ou como se queira, era apaixoante. Pois hoxe por fin está listo para saír a navegar. Nun principio terá uns destinos fixados. Serán aqueles onde vivan persoas que coñezo, ou onde vaian persoas que quero. Por exemplo, paseará por Reino Unido, porque alí vai a miña filla, por Turquía, onde habita unha amiga súa e miña tamén. Espero que tamén por Portugal, que recale en Barcelona, en Madrid, traspase os Pirineos e chegue a Francia, ata pode que viaxe a Brasil, etc. Claro que, primeiro quero que leve emocións galegas fora do noso pequeno país. Así que, se queres participar e non me lembro de dicircho, ponte en contacto conmigo.
Pois xa pasamos de súpeto o tema do día. Non sei se tivestes ocasión de ollar o novo anuncio da canle Intereconomía. Se non o fixéstedes, xa volo adianto eu. Di algo así coma "creo en asesinar a los niños antes de que nazcan", "creo en matar a los abuelos para ahorrar pasta en sanidad", "quiero un país de funcionarios corruptos", "media España debe liquidar a la otra media"(isto baixo a foto de Dolores Ibárruri)... Finaliza cunha lenda que di: "Lo importante no es lo que votan, es lo que piensan"...
As outras frases, levan imaxes de mozos ou mozas vestidos de maneira pouco clásica. En fin, que se vai esperar dunha cadea que leva o touro coma simboliño. Por certo, o touro que eles veneran pero matan. Sembran a violencia sen ningún tipo de escrúpulo. Porque xa non hai dúas Españas enfrontadas. Non se pode asesinar ao que non ten máis vida ca unha leituga. Porque entón, eu tamén sería unha asasina. Todos queremos ser algún día avós, polo cal, non penso que sexa un bo sistema matalos, ou pola contra, outros estarán afiando os coitelos para nós... Os que somos de esquerdas non somos criminales. Porque os que nos xulgan así son os promotores de enfrontamentos estúpidos que non enriquecen, non arranxan... desestabilizan. Por todo iso, debemos dicir "non" a intransixencia, a intolerancia, a insidia... de Intereconomía.
Finou Amy Winehouse. Naquela canción que a elevou a fama xa dicía: " Eles dimme que vaia a rehabilitación, pero eu digo Non, Non,Non". O caso, é que agora seus pais, que nun momento determinado da súa vida confirmaron que non tiñan ningún tipo de autoridade para atemperar o seu carácter endemoniado, función que recaiu sobre a súa avoa, a única persoa a que ela respeitaba verdadeiramente, van inaugurar unha clínica de desintoxicación para xóvenes con problemas similares aos da súa filla... Benvido sexa o proxecto, pero a min sóame a oportunismo. Non sei se é unha incongruencia que uns pais que se apartaron do camiño da súa filla alegando impotencia pensen agora nos fillos doutros... Pero, sempre se está a tempo de reinventar actitudes. Deámoslles un voto de confianza.
Será tan difícil ser congruente, transixente, tolerante... que sempre levamos un "In" no bolso para colocarlle a estas palabriñas de cando en vez?... Seguriño que eu tamén lle engadín a partícula nalgún intre... E ti, e ti... Tentemos non facelo máis, vale?

domingo, 31 de julio de 2011

Cousiñas de mulleres...

Onte, alguén me deu a coñecer unha frase pronunciada por Coco Chanel dunha maneira un tanto sutil. As palabras ás que me refiro son "As mulleres precisamos da beleza para que os homes nos amen e a estupidez para que nós podamos amalos a eles"... Eu digo que non me gusta a primeira parte, nadiña. A segunda... seguro que tampouco. Agora, que todas somos un pouquiño estúpidas en momentos da nosa vida é ben certo, case tanto coma os mozos... Que non se me ofenda ninguén!
Eu son grande defensora do noso sexo sen entrar en radicalismos. Penso que xa o manifestei outras veces. Coco Chanel, que foi unha grande muller, tamén foi un pouco extremista as veces. Mais, a frase en cuestión, nin sequera é propia dunha feminista.
Dicir que precisamos da beleza para que os homes nos queiran, é terrible. É xogar cos sentimentos e coa palabra "amor". É compararnos cunha obra de arte. Coa catedral de Santiago, coa Noite Estrelada de Van Gogh, coa Capela Sixtina... Que tremendo. Eu non quero ser comparada cun obxecto por moito que me guste... Pero, para iso haberá que ser fermosa. Nin sequera sei se o son... Bueno, un pouquiño... todas somos así.
Agora, dicir que temos que ser estúpidas para amar a un home... Si, claro, para amar a un home estúpido... Creo que non todos son estúpidos. Seguro que non... E, se unha se volve así para ser feliz amando a alguén... Que Deus a colla confesada!.. Digo por se un día se da conta de quen está namorada... Porque daquela a estupidez vaille durar un segundo.
Lembrade señoras e señores, que as mulleres debemos posuír tamén algún pequeno defecto, pois senón, a perfección sería tal que... Aburriría!... Creo que é broma... Ou non?

viernes, 29 de julio de 2011

Os políticos!... Oxalá pintaran coma Van Gogh!

O de Van Gogh, ven a conto de que hoxe cúmprense 120 anos da súa morte, que tivo lugar aos 37 anos, dous días despois de que se disparase un tiro. Din que sempre tivo un carácter atolado e lunático... Eu penso que hai algo que non cadra... Paréceme que ninguén tratou de entender a este xenio, que espertou verdadeiro interés pola súa arte despois do seu pasamento. Este é o meu pintor favorito. E, supoño que ata alguén pode adiviñar o cadro que prefiro dos seus... Claro! "A noite estrelada"... Sen palabras. Eu tamén son lunática, pero no bo sentido da palabra.
Os que son lunáticos tolos, oportunistas, etc., son os nosos políticos. Primeiro, nomean con toda preéa un candidato, que ten que deixar o seu posto de ministro. Pero confirman que non hai adianto electoral. Hoxe xa nos aseguran que acudiremos ás furnas no outono. Concretamente en novembro. Eu xa o tiña seguro desde o nombramento de Rubalcaba. Ata adiviñei o mes. E tiña a miña filla de testemuña. Agora, o da data... Disque non ten nada que ver...
Claro que ten que ver. Para os novos, sobre todo aqueles que pensan que Francisco Franco é un vendedor de patacas(eu coñecía un que se chamaba así), non di moito. Pero, para a xente dunha certa idade, que vai ser a receptora da mensaxe que os partidos van lanzar aproveitando a tesitura, para moitos deses e esas, aínda lles vai facer un favor o da data. Polo menos, igual nos libra do camiño que está levando a maioría de países europeos cara a ultradereita. Eses pesimismos de semellar o "crack do 29" coa situación actual, cando a xente pensaba que unha segunda guerra sería imposible... e a situación económica era parecida, a min non me gustan moito, pero... entón tamén comezaron a crecer os gobernos de dereitas, e en EEUU, gobernada un demócrata innovador.
Sexa como sexa, o Sr. Rajoy, xa está falando coma se acabase de gañar. Pero nós aínda non votamos, ou sí?
Eu só quero que me gobernen uns políticos que non teñan pensado enriquecerse máis da conta. Que lles importe un pouco a xentiña na que mandan. Que lean poesía. Que escoiten música... Ai, ai, ai! que me estou lembrando que houbo un criminal que mandou nun país ao que lle gustaban moito esas cousas.

miércoles, 27 de julio de 2011

Vacacións ou frustacións?

Veredes, onte estando na praia púxenme a escoitar a radio. Un programa calquera de información xeral... Nun dos apartados de novas curiosas, destacaron unha que me deixou abraiadiña. Trátase dunha innovadora maneira de disfrutar das vacacións para aqueles que queren outras experiencias ou están sumamente estresados... Eu diría toliños...
A cousa é que esta xente paga para ingresar nun cárcere, levando a vida dun preso. Exactamente igual. Parece ser que ingresas esposado, detéñente na mesma estación de tren de Reus. Unha vez chegas a túa prisión de vacacións, despóxante de todos os teus obxectos persoais. Cachéante, dánche roupa de preso, dormes nunha cela con reixas, comes o rancho dos presos, castígante se te excedes, os teus carceeiros son psicólogos vestidos de funcionarios de prisións, e segues o mesmo ritmo de vida dun preso calquera, ou sexa, pagas por perder a liberdade... Que paradoxa, no mundo cantidade de persoas pagarían por recuperala.
Isto demostra que estamos na fin dun ciclo calquera. Sexa o que sexa. A xente vive... Mellor dito, anda polo mundo en busca de cousas que se poidan tocar. O amor, falo do amor das parellas, ás veces está disfrazado de beleza, de cartos, de medos... a xente xa non se para a escoitar o corazón... Polo menos a maioría. Os fillos, en moitísimos casos, forman parte da galería da familia. Guapos, listos, ben vestidiños... os que todo o mundo quere... agora, iso sí, que non nos fagan perder moito tempo con eles. Os vellos, molestan. As estrelas, só escintilan para románticas coma min e algún máis. E, o de "romántica" ata cho poden dicir con sorna. Pois dame igual... E así, podería seguir e seguir, pero non me apetece.
Eu só sei que a felicidade é un traxecto, non un destino. Que eu vou tratar de recoller os froitos dos sentimentos, aproveitar as oportunidades de ser feliz, e, se atopo unha rosa que me guste, vouna coller, esperando que dure para sempre, polo menos, cuidándoa para que isto poida ser posible. Trátase de elixir... Porque tal vez mañá non che dean a ocasión de escoller o mesmo ca hoxe...
A cousa é que "se choras por non poder velo sol, as bágoas non te deixarán ver a estrelas"... E, escintilan...

martes, 26 de julio de 2011

Abraiante!

Promete moito este título, non? Pois si. Porque se refire a un domingo e luns divertidísimos. Outra vez de volta con aquela xentiña do outro día ao meu pobo. Bueno, nesta ocasión aumentou a familia. Mellor.
Hei de recoñecer que cando comezou a aventura non estaba eu no meu mellor momento... Mais como a vida consiste en vivila como elixas, ou case... Todo saíu xenial, como predeciron as miñas fillas. Iso está moi ben.
O domingo tivo de todo: camiñata ata a présa, con subida e baixada. Cea baixo as estrelas feita polos homes do grupo(que bo estaba todo, señores!), outra camiñata nocturna... moi nocturna, polo monte, festa matinal con procesión, cura guai, encontros con antigas compañeiras de clase das que non sabía nada había moitos anos, comida baixo os toldos improvisados, nenas xogando a divertirse... Guerra de auga! Facía un ano que non disfrutaba dunha marabillosa batalla mollada. Pero esta vez foi mellor. Porque había sorpresas polas ventás, recunchos dos camiños, cubiteiras rotas, meniñas enchoupadas... maiores tamén. María, a mesma que escribe, remolladiña, pero claro, cando comezas un xoguiño así, xa sabes como vas rematar... De luxo.
Espero que toda a xente que participou nesta xuntanza o disfrutase tanto coma min. Tamén desexo que o importante disto acabase sendo o de dentro. A satisfacción de compartir, aínda que ás veces sexa máis doado facelo con uns ca con outros. Noraboa ás meniñas estupendas que impregnaron de xuventude e inxenuidade o espazo. Grazas ás escintilantes e numerosas estrelas que ata fixeron que Dani se tumbase no chan para aprecialas... Grazas a todos os que decidistes estar aí sen outra cousa que... Non, seguro que isto ía soar a cursilada... Cando repetimos?

viernes, 22 de julio de 2011

Parabéns, Ana.

Ela é físicamente miudiña. Sempre co seu cabelo de cores especiais, inseparable das súas lentes e co seu estilo sport único e indiscutible. Esa é Ana.
Coñézoa desde fai moitos anos. Foi... mellor dito, creo que é o mellor apoio que eu tiven e teño alí, no colexio. Polo menos, é a conexión que manteño máis viva fóra daqueles muros. Infinidade de veces ofreceume a súa axuda cara ao meu traballo, outras moitas colaboramos para arranxar causas perdidas... Ela escoitoume a mín en cantidade de ocasións, e, creo que eu fixen o mesmo con ela. Sabe que se hai un segredo entre nós, pola miña banda, será un segredo sempre, e sei que pola dela, tamén.
Comezamos a ter unha relación máis intensa naquela A.N.P.A. que impulsamos dende abaixo. Alí tamén se forxou unha grande amizade co seu irmán, Carlos. De vez en cando, é a técnica de son das miñas obriñas de teatro. Sempre se ofrece para axudar. Penso que tento e espero estar a súa altura neste campo.
Sei que esta fin de curso foi un pouco movida para min. Tamén sei que ao mellor houbo intres nos que foi un pouco vítima da situación. Ela coñece ben o por que de todo isto. Sei que o entende.
Mais, do que non cabe dúbida, Ana, é que eu vou estar aí sempre para cando me precises. Ti, seguriño que tamén. Con este cumpre tan especial que marca un chisco máis da metade da vida... un momento!, creo que ben sendo a metade mesma, xa tes máis amor para dar, máis comprensión para axudar, máis ledicia para compartir, máis ceas que nos quedan pendentes, máis... Mira, Ana, menos minutos que che quedan para a grandísima celebración que te espera. Non podo estar alí, aínda que estaba convidada, pero o meu corazón anda polo medio da xente que te vai rodear. Hoxe saíu o sol... décheste conta que quenta máis ca calquera un destes días pasados?... Un biiiico moi forte.

jueves, 21 de julio de 2011

Metáforas e hipérboles.

Eu son unha fanática das metáforas e das hipérboles. Continuamente emprego este tipo de comparacións ou esaxeracións para facer así máis intelixible o que pretendo explicar. O que pasa, é que ás veces a xente non comprende o alcance das mesmas.
Por exemplo, se eu digo que alá no meu pobo as noites despexadas teñen o encanto especial das estrelas, e que alí se observan todas as do mundo... Non é exactamente certo que sexa así. Xa sei que é imposible técnicamente observalas todas. Mais, cando eu era pequena e non existía o alumeado público, os ceos do verán e da primavera eran unha festa contínua... Esta é unha metáfora, a primeira unha hipérbole. Despois, cando era menos cativa e coas farolas alumeando as noites,elas seguían aí. Marabillosas.
Moitas veces digo que teño un corazón que non me cabe dentro. Que podo bailar ata a extenuación. Que teño moita paciencia, moita, pero que se ma esgotan podo desencadear a terceira guerra mundial. Que daría a vida por actuar nun grande teatro... Son simples hipérboles que os aficionados a escritura utilizamos comunmente, pero só iso. Ningunha desas cousas pasaría... Case seguro.
A miúdo tamén digo que son coma o cabalo de Atila dos sentimentos. Que mordo a lingua para non causar conflictos. Que cando miro a lúa chea síntome parte dela. Que ás veces síntome coma se fose unha bolboreta... Metáforas. Simples e chans... Sinxelamente: María.
Así que para aquelas persoas que se asombran coas miñas esaxeracións ou comparacións, sabede que non son máis ca meros recursos literarios... Pero... Imos ver. Xogamos. Cantas metáforas e hipérboles usades vos na vosa vida diaria? Empezade a pensar, e se queredes, un día... contádesmas!

martes, 19 de julio de 2011

Aprender... aprendín.

Onte fun xogar ao tenis. Era algo que tiña pendente, coma tantas cousas. Asuntos que vou tratando de resolver. Polo tanto, as 4H. da tarde, comecei un fabuloso partido, co meu mentor, Adolfo, que para min é un modelo. Xa viña o home, cos seus 66 anos as costas de xogar pola mañá cun colega, e non dubidou en convidarme a min para a tarde.
Destacar a gran paciencia que eu xa coñecía deste home, pero tamén debo suliñar que eu tratei de ser unha boa alumna. Non aventaxada, senón disciplinada que é máis importante.
É ben certo que mandei tres pelotas á pista do lado. Unha xente estupenda que ata me felicitaron polos meus "progresos", fixen uns saques tan altos que eran imposibles de coller... Pero, ao final, xa aprendín a mover a raqueta con máis estilo, deixei de lanzar pelotas fora, e comecei a acertar co obxectivo( de vez en cando).
Pero o mellor, o mellor de todo é que o pasei xenial. Cando rematei, os meus fieis seguidores felicitáronme, dicíndome que era unha peleona no campo. Debe ser que me coñecen e saben que é a miña actitude na vida. Ademais, non me doe nada. Nin o brazo, nin estou cansa. Teño moita resistencia, iso é verdade.
O importante de todo isto, é que aprendín que hai xente maravillosa coma Adolfo que non ten problema en axudar a alguén tan inquedo coma min a cumplir un... o que sexa. É máis, volveu a convidarme a xogar para a semana que ben. Aprendín que se tentas facer algo mínimamente ben, consegues que che saia mínimamente, moi mínimamente pasable, ou, polo menos, que che saia algo... Aínda que iso eu xa o sabía!
O caso é que non sentin en ningún intre que estaba sendo un incordio para outras persoas. E mira que podo chegar a selo cando pretendo saber moito en moi pouco tempo. Pero actuei con templanza e iso sempre da bos resultados.
Remato coas grazas para os meus "protectores" favoritos. Un bico, Oli e Adolfo.
Asegúrovos que os que tiñades pensado rirvos de min, non teríades moita sorte porque non fun excesivamente nefasta. Agora, a aqueles que lles apeteza rirse conmigo, haberá unha próxima chea de progresos e desfeitas...

lunes, 18 de julio de 2011

A hospitalidade...

Se leo a definición que o diccionario lle concede a palabra "hospitalidade", non me quedo a gusto con ningunha das opcións posibles. Se acaso, a que máis satisfeita me deixa, é aquela que di: "Boa acollida e recibemento que se lles ofrece aos estranxeiros ou visitantes".
Paréceme que sempre relacionamos esta palabra co feito da recepción de outras persoas na túa casa. Iso tamén,claro. Pero, eu penso que hai unha definición acertada, que non ten que ver con nada material. Senón que consiste en abrir o teu corazón e a túa actitude cara a outras persoas. Aínda que as veces non todas sexan do teu agrado. Aínda que a diplomacia e a boa educación case se esgoten... Pero sempre hai reservas. Seguro.
Esa é a hospitalidade que a min me gusta. A segunda. Despois de todo, calquera pode recibir a outro na súa casa, interpretar unha grande farsa, ser un pouco rácano ou ser un pouco ostentoso, moi rácano ou moi ostentoso... Mais, o importante é que esa persoa che abra as portas da súa vida primeiro.
Isto ven a conto da reunión que tiven esta fin de semana co grupo de xente que frecuento na miña casa. De momento... Estupenda. Gracias a todos por estar aí. A maioría contades coa miña "hospitalidade". Refírome á de verdade. Se alguén queda descolgado da mesma, que non se preocupe, porque fago uso da definición didáctica e xa está. Eu aprendín na vida que o mellor é a boa sintonía. As risas. As palabras doces. As intervencións verbais con anestesia... ou, ás veces, sen ela...
Imos facer un xoguiño: Pensas que foches recibido ou recibida coa primeira actitude ou coa segunda?... Adiviña, adiviñanza... Quérovos!

sábado, 16 de julio de 2011

Poderoso cabaleiro...

Vou transcribir un anaquiño do poema de Quevedo: "Madre, yo al oro me humillo/ Él es mi amante y mi amado/ pues de puro enamorado/ anda continuo amarillo./ Que pues doblón o sencillo/ hace todo cuanto quiero/ Poderoso caballero/ Es don dinero".
Isto sería perfectamente o retrato dunha desas persoas que forman parte do grupo dos adoradores do diñeiro. Sen ningún tipo de escrúpulo. Repetindo unha e outra vez aquel conto da cebola. Si, aquel que remata dicindo: "...E que de tanto chorar xa non te vexo". Os que son máis pobres ca ninguén. Aqueles ou aquelas que sempre poñen problemas a hora de pagar calquera cousa...
Non coñecen o amor porque teñen o corazón con pechadura por se chega o seu amante favorito vestido de diñeiro... Non medran por dentro, porque se adican a arrincar as ilusións doutros que só pretenden enriquecerse de sentimentos. Fan recontos contínuos, porque esa é a maneira de ir detrás dos cartos. Eu, ata coñezo algún home que nun momento determinado se despediu da parella, coa que compartiu moitos anos, dicíndolle que se el fose rico, ela non o abandonaría... Que mágoa ter esa valoración dun mesmo!, ou dunha parella que seguro nunca amosou esa faceta.
Pois eu decidín en favor de todos eses Tíos Gilitos dos que lamentablemente está cheo o mundo, non ser un Pato Donald, nin un Jorgito, nin un Jaimito, e non me lembro como se chamaba o outro sobriño pequeno. Retírome desa carreira estúpida... Aínda que, como me vou retirar dunha cousa na que nunca participei... E, non sería por falla de oportunidades... Serei unha ilusa? ... Eu só espero saír ilesa.

miércoles, 13 de julio de 2011

¡Indignaos!... Stéphane Hessel.

Hoxe esta entrada conterá un spoiler. Xa vos expliquei o que era isto. Pero, senón, Mr. Google resólvecho todo. A verdade, é que non creo que o contido deste libro sexa sorprendente para alguén, mais, a maneira de contalo, os 93 anos do escritor, e as vivencias contidas nunha vida chea de loita sen violencia en favor dos dereitos humanos, sen dúbida, impactan.
A mensaxe deste libro, a máis evidente ao meu entender, é que o mundo estáse movendo mal, pero, hai unha pequena parte del, ou tal vez non tan pequena, que comeza o movemento a inversa. Exactamente isto pódese traducir nunha revolución pacífica en prol dunha sociedade de benestar que non corre detrás do diñeiro, senón, que o fai detrás da liberdade, da tolerancia...Penso que todos podemos engadir moito máis. Ata penso que os que me coñecedes dabondo sabedes o que podería engadir eu.
Este home formou parte do Consello Nacional da Resistencia, basado nun programa que foi elaborado fai 66 anos para conseguir unha Francia libre do nazismo e sentada sobre un conxunto de principios e valores que conformarían a moderna democracia gala.
Entre estes acordos, figuraban unha Seguridade Social digna, unha xubilación que permitise rematar a vida nas mellores condicións posibles, a nacionalización dos grandes bancos, as fontes de enerxía, de gas e de electricidade. O resumo xeral era que o interés xeral, debía primar sobre o interés particular. Formaban parte indiscutible desta mellora a educación pública e gratuita, e, unha prensa libre, honrada e independente de calquera poder político ou económico... Observade ao voso arredor...
El di que nos están roubando parte destes dereitos amparándose en que o Estado xa non pode garantir a súa solidez. Mais, naqueles intres había moito menos diñeiro ca agora mesmo. Só que este diñeiro está en mans duns poucos. Uns banqueiros que posúen a faculdade de intervir nas casas e nos bolsos de case todos, sen que os demáis poidamos facer nada contra eles.
Pero se algo ten claro este home, e eu secundo este pensamento seu, é que a peor actitude ante esta situación, é a indiferencia. Diríxese aos xóvenes desta maneira: "Mirade ao voso arredor, atoparedes os feitos que xustifiquen a vosa indignación- o trato aos inmigrantes, aos sen papeis, aos xitanos...
Hessel é un gran defensor da causa palestina. Isto ten un grande valor, pois non hai que esquecer que a súa orixe é xudea, motivo polo cal foi apresado pola Xestapo e estivo cautivo nun campo de concentración, librándose dunha morte inminente gracias a unha suplantación de identidade. Se ben defende o camiño da "non violencia", recoñece que as veces a condición humana non atopa outra vía para manifestarse, aínda que non sexa a correcta. Compara a Gaza con unha cadea a ceo aberto para máis de un millón e medio de palestinos. Unha prisión, onde esta xente se organiza da mellor maneira para vivir. Sen descoidar nada, para que aos seus fillos non lles falte o sorriso.
Conta unha anécdota, referente ao pobo de Cisjordania, chamado Bil`in, onde cada venres os seus habitantes van ata o muro onde protestan sen nengún tipo de violencia, sen lanzar pedras, sen utilizar forza algunha, únicamente para facerse ver. Para os israelíes, isto é chamado "terrorismo non violento".
Remato coa mesma frase coa que el acaba:"CREAR É RESISTIR, RESISTIR É CREAR"... Eu sei en que banda estou... e, ti?

martes, 12 de julio de 2011

Ti miras a tele... eu as estrelas.

Onte recibín un correo marabilloso. Gracias, Isabel. Trátase dunha entrevista que lle fan a un rapaz de orixe tuareg, que estuda na Francia. Coa súa mirada de fondo de pantalla, e a caricia da música de Lawrence de Arabia, recreeime no contido das palabras pronunciadas polo mozo, que non teñen desperdicio. A moitos de vos, xa vos enviei o correo, aos que non o fixen, é porque non teño as vosas direccións, pero se estades interesados, poñédevos en contacto que o farei.
O nome deste home, é o de Moussa Ag Assarid. Ós tuareg, chámaselles "homes azúis" porque se cubren cunha tea desa cor. Coa suor, as veces destingue, polo cal, a súa pel tamén adquire certa tonalidade azulosa. A palabra "tuareg", significa "abandonado". Actualmente, existen uns 3.000.000 e, aínda seguen sendo nómades. O rapaz menciona a un sabio que dixo nunha ocasión que "fai falla que un pobo desapareza para que saibamos que existe".
El di que no deserto todo é simple e profundo, e, cada cousa ten o seu valor. Fagamos unha lixeirísima comparanza... Tan só, mergullémonos no significado de "simple" e "profundo", a ver cantos de nós lle damos o mesmo valor que el a esas palabriñas.
Abraioume cando di que senten alegría por tocarse e estar xuntos, e, "ninguén soña con chegar a ser", porque, "cada un xa é".
Pode ser que isto que vou contar agora, sea froito da súa relixión, pero él non se considera radical. Destaca que no aeroporto chamou a súa atención as carreiras que botaba a xente. No deserto só se corre cando se aproxima unha treboada. Mais, hai outra cousa que lle pareceu unha falla de respeito cara a muller... Eran os carteis de mulleres núas que había por alí. Isto fíxome pensar... Outras formas de escravitude... Non... Utilización do sexo feminino... Estamos demasiado acostumados a ver isto...
O libro que incitou a Moussa a acudir a escola, foi o Principiño. Outra obra que tódolos adultos deberían de ler. Disque lle caiu a unha periodista durante o rallye París-Dakar. Cando llo ía devolver, a muller deullo como agasallo e faloulle do seu contido. A partires daí, decidiu que un día sería capaz de leelo. Comezou a facer 15Km. diarios para acudir a escola e, hoxe é un estudante de Xestión na Universidade de Montpellier.
A fin non ten desperdicio. Pero eu rescato unha frase:"Aquí tendes reloxo. Alí temos tempo"... Tamén se fala de non deixar para mañá o que se poida acadar hoxe. Pero eu coido que non como mesmo sentido que nos lle damos a esa frase. Non como obriga. Senón como disfrute... Porque o tempo non espera por ninguén.
Pola miña banda, eu que son escrava do reloxo, confeso públicamente, "escrava", decidín facer algo para cambiar hábitos. Moi pouquiño, iso si. Pero coloqueino na man dereita. Así, mentras miro á esquerda e non o atopo, xa pasaron uns segundiños antes de que olle de novo a súa esfera estrelada de números... Por algo se empeza, non?

lunes, 11 de julio de 2011

Festas ou aberracións?

Xa deixei boa constancia da miña disconformidade cara as corridas de touros e outras festas de carácter similar. Menos "artísticas" estas últimas,iso si, pero aberrantes igualmente.
Hoxe lein un titular que falaba dos Sanfermíns. Un parte diario do transcurso desta... como lle queira chamar cada un. Exactamente, dicía algo así coma "El día de las dagas voladoras". Comparan o quinto encerro cunha peli de chinos. Non mo podo crer! Despois explaianse dicindo que os pitóns traspasaban sudadeiras e xerseis...
Non entendo esta festa. Paréceme unha historia desas de Woody Allen. Surrealista. Agora, xa haberá quen che conteste dicindo que é un símbolo nacional. Que ata estivo Hemingway. Que os touros teñen a liberdade de medirse cos corredores. Por certo, case todos bébedos... Pero non se lembran que eses touros son despois aniquilados artísticamente. Na súa maioría están drogados. Que a eles o que lles gustaría sería correr polos campos, ao mellor detrás das vaquillas, ao mellor ao seu antollo.
Despois están os "valentes". Deses coñezo eu un cento. A valentía demóstrase facendo fronte a vida. Que valor exhibes se non es ti? Iso sempre teño a oportunidade de velo na discoteca. Alí a maioría da xente baila ou relaciónase cando bebe... Eu podo bailar ata a extenuación, e os graos de alcohol no meu corpo, asegúrovos que non me alteran en absoluto a personalidade.
Ademais, se a todo isto sumamos que esta festiña ten lugar nunha comunidade que destaca polo seu conservadurismo, xa é o colmo. Tantas manifestacións pola vida que parten de aí. Tanta relixiosidade. En definitiva, tanta pantalla, para acabar sendo parte, ou cando menos, apoiando un espectáculo sen senso... Agora, iso si, todo ven a dar o mesmo: pisoteo dos dereitos e das liberdades dos animais, das mulleres, e dalgúns, ou mellor, de moitos homes, que só desexan facer constar o seu amor pola vida, no mellor dos significados que se lle pode dar a frase en cuestión.
O arte está nas mans que pintan, nas que escriben, nas que moldean, nas pernas que bailan, nos corpos que expresan no teatro, no cine, nas miradas que falan, nas voces que transmiten sentimentos nas cancions ou na poesía... Matar un animal nunca vai ser un arte. Aínda que sexa con traxe de luces, con unha capa bordada na mán, con unha espada fabulosa... A que ven entón premiar estas accións a nivel nacional?, a que ven
transmitilas polas cadeas de televisión e ata ofrecer programas específicos no canle considerado máis cultural?, a que ven facer un seguimento exhaustivo dunha festa salvaxe?... Cando todos os días hai miles de actos que merecerían a pena ser portada, polo menos, dun pequeno recadro.
Un saúdo para a miña amiga Oli, que estando alí moi pertiño e con unha invitación en firme para participar no espectáculo en cuestión, decidiu non formar parte do asunto.
Esa é a xente que eu quero a miña beira.

domingo, 10 de julio de 2011

A sabiduría dos selenitas...

Hoxe contarei un contiño. Na miña cabeza xurden moitas historias as cais, en ocasións transcribo para participar en algún concurso puntual, pero, as veces,só son contos para cubrir eses espazos de insonnio que me visita moi a miúdo. Este é un sistema que me permite ter o cerebro ocupado, mais non agobiado, que xa lle chegarán as horas do día para iso.
O conto de hoxe fala duns selenitas. Para aqueles que non saiban que orixe ten esta palabriña, direilles que procede do grego, e refírese aos posibles habitantes da Lúa.
Aqueles que len periódicamente este blog, xa saben da miña admiración polo satélite. Dubido da existencia dos selenitas, pero, nesta historia... son os protagonistas.
"En certa ocasión, un selenita pediulle aos seus pais que o deixasen percorrer o universo. Mellor dito, el quería chegar ata a Terra. Os selenitas, vivían recluídos no seu pequeno espazo redondo. Alí había luz, había escuridade, había silencio, había risas, falas, medos... Existía todo aquilo que os terrícolas pensamos que posuímos en exclusiva. Así que, tras facer un consello de familia, decidiron dar carta branca a partida do meniño. Porque, físicamente, as diferenzas co noso modelo humano, eran apenas imperceptibles. Había unha moi evidente, iso si, radicaba nos seus ollos. Todos tiñan os ollos de cores claras. E todos podían falar coa mirada. Parece que nós tamén. Pero estamos tan estresados, que poucas veces reparamos neses detalles.
A eles non lles fixo falla tanta infraestructura para planificar a viaxe de Luín, que así se chamaba o cativo. Argallaron os sabios un veículo que estaba dotado duns potentes imáns( xa é coñecida a atracción magnética entre planeta e satélite).
Aterrou un día calquera de choiva e vento. El non coñecía este último fenómeno meteorolóxico. No seu mundo non existía. Polo tanto, unha vez estivo fora do artiluxo que o trasladou, tivo que amarrarse forte a unha muller que pasaba, pois a piques estivo de voltar a Lúa voando. Luín case morre do susto. A muller comezou a berrar, e non pola presenza física do selenita, senón polo feito de que alguén lle puidese asir un brazo daquela maneira. El fixouse nos seus ollos. Non miraban... ollaban. Cando se viu libre daquela tremenda situación, observou que case toda a xente facía o mesmo. Os ollos, servían para andar e non tropezar nen caer, pero non miraban dentro das outras persoas. Por iso sempre se perdían cousas, sempre descoñecían a quen tiñan diante.
Por outra banda, apenas existía contacto físico. De feito, abraiouno atoparse con un home que repartía abrazos gratis. Os selenitas eran coñecedores da nosa lingua. Ía camiñando polo medio da xente, percibía mensaxes de carraxe, de amor, de simpatía nas miradas. Pero a xente continuaba co seu camiño coma se tal cousa. Non lle agradaba aquela sociedade, e aínda menos, cando se deu conta de que había algúns que mantiñan contacto a través das máquinas (que eles tamén utilizaban), mais, en moitos casos, nin se coñecían, nin sabían case nada uns dos outros. No seu mundo, estes aparellos servían para comunicarse, para aprender, para experimentar... pero nunca para sustituír ao corazón.
Quería voltar para a Lúa... mais, antes acordou que debía deixar pegadas do seu paso polo Planeta Nai. Eles posuían un don moi especial. Consistía nun poder hipnótico que lles permitía facer reflexionar aos individuos hipnotizados sobre o verdadeiro senso da súa existencia. Comezou a súa labor. Primeiro, un home de negocios, despois unha muller divina da morte, a continuación, un médico, unha conductora de autobús, un motorista... un adolescente... Inexplicablemente, xurdiu diálogo, sinxeleza, amabilidade, serenidade, historias de amor ocultas...
O aire comezou a ser menos denso, máis respirable, había menos ruídos e máis ritmos, menos berros e máis palabras agarimosas, menos coñecidos e máis amigos, menos formalismos e máis amor...
Rematada a súa labor, o selenita Luín, voltou a Lúa, lugar que decidiu non volver a abandonar, a non ser que... a súa presenza na Terra fose imprescindible.
¿Alguén avistou por aquí un cativo de mirada profunda?... Estou esperando a súa chegada.

sábado, 9 de julio de 2011

"La vida es bella"... ou é unha paradoxa?

Acaba de finar o xudeo italiano que serveu de inspiración para Roberto Benigni na película "La vida es bella", ou "A vida é fermosa", que diríamos en galego.
Este home, que contaba con 91 anos de idade, chamado Rubino Romeo Salmone, era un dos últimos sobrevivintes do campo de concentración de Auschwitz. O número que o identificaba nese inferno era o A15810. Foi detido en Roma no ano 1944 pola policía fascista. Tras pasar polo campo de Fossoli, no norte de Italia, foi conducido ao temible destino, do que regresou un ano despois para atoparse en Roma cos seus pais. Non así cos seus irmáns, que faleceron a mans dos nazis.
Repetía continuamente, que cada mañá víanse moitas persoas pegadas nas redes daquel campo de concentración, mortas pola descarga dos cables eléctricos. Era a búsqueda desesperada dunha morte a través dunha vida infernal.
Supoño que todo o mundo saberá de que vai a peli do título. Senón, atención que vai haber un spoiler. Esta palabra serve para anunciarvos que vou contar cousiñas do film. Descoñecía isto, pero alguén me advertiu que cando fose falar dun libro, unha película, unha obra de teatro, etc., debería anuncialo con este termo...
Unha historia que te fai rir e chorar a un tempo. Así é "La vida es bella". Un home que nos ensina o poder do amor. Porque, grazas ao que el sinte polo seu fillo, é capaz de inventar a risa no recuncho máis ateigado de dor... Maxistral.
Se ollamos o noso arredor, atoparemos miles de casos semellantes. Pequenos campos de concentración nas casas, nas familias, nas cidades, nos países, na cabeciña de moitos e moitas... Mais, o que non se pode repetir é que os individuos vendamos o noso corazón a unha propaganda política ou a un líder suficientemente intelixente e sobradamente tolo para ser cómplices destas masacres... Hakuna Matata(Vive e deixa vivir).

jueves, 7 de julio de 2011

Misóxenos e misandras.

Para os que teñan dúbidas: Misóxeno(do grego "miso": Odio, "gine": Muller) son aqueles seres masculinos que demostran unha terrible adversión polo noso sexo. Eu son muller.
As misandras("miso": Odio, "andria": Home), mulleres que teñen a mesma actitude cara aos homes. Por certo, a R.A.E., non recoñece este termo. Penso que é porque numerosos estudiosos do tema aseguran que esta patoloxía non existe, posto que as mulleres nunca chegan a desenrolar un profundo rechazo aos homes. Eu teño dúbidas. Cando unha muller adopta posturas radicais cara ao sexo oposto, pode ser misandra ao máximo. Todas coñecemos as típicas que esixen cousas que denostan a calquera xénero humano. Sexa do tipo que sexa.
Máis é verdade, que o que abonda, son os misóxenos. Eses están aí. Podémolos ver cada día. Penso que, a maioría das veces, esquecen que son fillos dunha muller, ou pais de outra ou outras. Disfrutan ríndose cos chistes machistas. Non aceptan que as mulleres os igualen ou superen intelectualmente. Considérannos mediocres. Para eles, se és guapa, es parva. Se és fea, podes ser un pouco intelixente. Agora, se és guapa e intelixente, seguro que és unha lixeiriña de cascos. Non aceptan que haxa mulleres que os rebasen físicamente. Están tan convencidos da súa superioridade, que se te arriscas a retalos nunha mera discusión temática, comezarán a vapulearte verbalmente con sentencias machistas radicais.
Dentro dos misóxenos están os de nacemento ou os resentidos, debido estes últimos a certas situacións que lles tocou vivir. Continuamente, estes atacarante con frases coma " Todas sodes iguais", ou "todas ides detrás da mesma cousa"... Moi a miúdo, estes suxeitos, citan a personaxes coma Oscar Wilde, Nietzsche, Camilo José Cela, ou un libro entretidísimo coma a Biblia.
Normalmente, co paso dos anos, esta xente esquécese de querer, porque non saben mirar o amor coa mirada limpa.
Creo que esta é unha enfermidade contaxiosa e de difícil curación se o suxeito se nega a participar no tratamento.
Eu fago un chamamento a todos os homes e mulleres do mundo: Non etiquetes. Non queiras controlar aos elementos da vida... DISFRÚTAOS!
Por certo, apetéceme rematar con outro tema. Que me dicides do roubo do Códice Calixtino? Inaudito... Esta obra do século XII, que se lle atribúe ao monxe cluniacense Aymerico Picaud está composta de cinco libros: O das Liturxias, O dos milagres, A Traslación de Santiago, As conquistas de Carlomagno e A guía do Peregrino. Trátase dunha xoia que nos permite coñecer a dificuldade das rutas, as diferentes culturas do Camiño e outros feitos históricos... En fin...
Por certo, un bico para todos os homes e mulleres do mundo.

miércoles, 6 de julio de 2011

Corenta anos...

Vaia, vaia! Hoxe teño unha amiga que cumple corenta anos. Desde aquí, parabéns, Mari!
Estamos na sociedade da tecnoloxía e o progreso. Polo tanto, corenta anos non son máis ca un pouco menos da metade da vida. Mari afronta esta idade coa sensación que a caracteriza de perenne satisfacción. Iso é moi bo. Non che vou dicir, moza, que hoxe entras nunha nova etapa nin rolos deses que non son máis ca meras parvadas. Hoxe a túa vida pode cambiar coma a de calquera, pero sin que o cumpreanos inflúa niso. Agora, aproveita o que che queda de celebración, que me da a min que é moita... dos agasallos, caricias estupendas para o espíritu e... do amor dos que te queren. Un biquiño.
Mais, non quero deixar escapar esta oportunidade que se me brinda para falar do corenta cumpreanos. Porque, ata hai quen di que existe un síndrome, que afecta principalmente aos homes... Non mo podo crer! Eu acabo de cumprir corenta e oito anos. Nin sequera me lembro de cando cumprín os corenta. Pola miña actitude na vida, fun cumprindo anos, que afectan, como non, a miña pel, ou o meu documento de identidade. Pero, non deixei que perturben o meu camiñar por esta senda vital.
Aprendín que a mellor maneira de celebralo, é ir sumando decisións tomadas. Quero dicir, hai aniversarios, nos que miras cara atrás e ves o ano medio valeiro. Outros, en cambio, observas que non esperaches para o seguinte nin para dentro de dous. Aceptaches retos. Diso consta a vida. De plantarlle cara ás probas que che prantexa. Nada sucede porque sí. Cos anos aprendes a decidirte antes. Moitas das veces debemos deixar que sexa o corazón o que decida. Outras, será a cabeza a que nos guíe. Non se poden aliar estes dous para certas cousas. Cando lle toca ao primeiro, hai que deixarse levar polo seu criterio, sempre que saibamos que o que posuímos é un corazón e non unha batata. Cando se trata de temas referentes ao cerebro, é interesante reflexionar ben, pero non demasiado. Corremos o risco de que se nos destrague a caixa de pensar de tanto forzala. Os anos apórtanche a tranquilidade de esperar a que suceda o intre exacto no que has de tomar a decisión. Non coñeces sobre que terás que escoller, pero sabes que estás preparado para disfrutar ou para lamentarte e volver a decidir. Non hai outra forma de vivir. Non se evitan riscos acobardándose ou escóndendose.
A diferenza está en converter cada nova etapa en un momento de posible esplendor ou nunha frustante crise da que non che vai ser doado saír, porque cada ano, repites.
Eu adoezo por enfrontar novos retos... E, ti?

martes, 5 de julio de 2011

Saúdos...

Non sei exactamente o que quero facer hoxe. Refírome ao caríz que pretendo darlle a esta entrada, pero sei que vai ser persoal e intransferible. É verdade que está escrita en carácter xeral, pero cada un de vós, ao ler estas palabras, ten que adiviñar o que realmente quero dicir segundo o retrato persoal que elaborastes de min.
Todo isto, ven dado polo comentario que me deixaches no facebook, Alberte. Xa fai tempo que non nos vemos, a ti menos que a María, aínda que a través dos correos e do facebook, teñamos continuamente contacto. Xa sabedes que vos quero moito. Penso que en xeral, a xente que se adique a ler este blog durante uns minutiños, non pode ser, polo menos, insensible.
Se che digo que o teu comentario fíxome chorar. Claro que, non é difícil, pero merece a pena, e a iso viña o estado do facebook, ter amigos así.
Por suposto que non fai falla que me penduredes comentarios contínuamente. Coñezo á maioría dos meus seguidores, porque non pretendo que me lea demasiada xente, ou, polo menos, persoas que non entenderían o que escribo.
Encántame que María me diga que se enterou polo blog que a Iria lle foi todo ben. Que Montse me conte o intrigada que estaba que non tiña tempo de ir a buscar o vaso de auga que lle apetecía beber, que algún amigo me felicitase pola entrada que falaba dos bebedores de celebracións ou os de necesidade, que alguén me comentase que aprendeu unha palabra preciosa, "escintilar", e non deixou de ler o blog desde aquela, que outros amigos máis recentes compartan tamén ideoloxías, aínda que sexa para rebatir, que isto enriquece, sempre que se faga con educación... Sabedes que vos quero a todos, aínda que aquí non mencione cada nome.
Somos unha familia virtual. Fíxate, eu que son unha romántica primitiva nisto da infórmatica, electrónica e esas cousas... Unha persoa a que se lle resiste un reloxo dixital... Pois, recoñezo que teño unha suficientemente grande familia virtual. Iso si, desas que nos vemos, nos falamos pola rúa, ou tomamos cafés, ou compartimos actividades... Non tería senso para min que fose doutro xeito.
Teño que dar as grazas a miña filla, que foi a impulsora de que estas cousas saísen a luz. Porque durante a miña vida, foron moitos escritos ao lixo. Deste xeito, véxome obrigada a pensar ben o que escribo, porque a nova tecnoloxía teramo en conta toda a vida.
Remato con un GRAZAS. Sobre todo a ti, Alberte. Porque sei que eres un bo colega e un magnífico seguidor, e espero que crítico tamén. Non vou engadir máis nomes, porque non é necesario. Só me vou remitir a Oliva, unha das últimas incorporacións a este mundo e a este blog. É o uso que eu quero facer da infórmatica. Compartir. Para que saibades un pouquiño máis de min, e, eu, que estades aí. Con iso abonda... E, dende logo, non esquezamos o grande servizo que nos fai Mr. Google cando temos que alimentar a ignorancia que todos posuímos en maior ou menor grao... A miña, tremenda... de grande, quero dicir.
Un bico para todos e todas. Se estades aí, é porque nos precisamos.

domingo, 3 de julio de 2011

Só sei que non sei nada...

Remítome a esta frase de Sócrates para dar título ao meu comentario de hoxe porque onte houbo xente que pretendeu poñer en dúbida que fose este home o que pronunciou a célebre sentencia, que marcou unha diferenza cos seus coetáneos, xa que,deixaba claro que a primeira regla da sabiduría é facer da humildade un medio de vida. Eu estaba certa, pero busquei axuda para corroboralo.
Considero que esta frase encerra unha verdade case que absoluta, porque "nada" pode significar "moito" no mundo do descoñecemento. Por outra banda, debo recoñecer que non son unha grande lectora de clásicos gregos ou romanos. Mellor dito, atéñome na maioría das veces a sentencias puntuais, das cales, discrepo a miúdo.
A miña experiencia demóstrame, que a xente que se aferra a Platón, Aristóteles, Sócrates, etc., convertendo as súas obras en libros de cabeceira, a miúdo se transforman en fanáticos, víctimas dun pensamento que non sempre é apropiado para a vida que lles tocou vivir. En moitas das ocasións, camuflan a impotencia de poder solventar certos problemas amparándose únicamente nas palabras destes sabios, que, se ben é certo que contribuíron favorablemente en moitos campos, non esquezamos que sucumbiron a desprestixios humanos coma a de ser misóxenos, envexar os seus rivais...
Eu aprendín na vida que o mellor é ir aspirando pequenas doses de coñecemento no grande campo que se ofrece ante nós, pero non aferrarse a ningunha verdade absoluta. O coñecemento é etéreo, tan só unhas cantas das aprendizaxes van ser para nós válidas e aproveitables. O verdadeiramente imperecedeiro son os sentimentos, dos cales nacemos todos dotados e que, cada un pon en práctica según se nos presente a ocasión.
Eu, baixo a miña humilde percepción do entorno no que vivo, recoméndolle aos que non
se ven capaces de escapar do cárcere das vicisitudes que os acaparan, que traten de compartir con xente disposta a escoitalos. É o único que te libera un anaco. É o único que te fai amarrar á vida sen esconderte en subterfuxios que, en ocasións os disfrazan de seres inadaptados,"ineptos" a maioría, para seguir o curso da existencia o máis satisfactoriamente posible.
Eu non son unha sabia, nin unha clásica, pero, a vida xa me deu un pouquiño de todo. E, por ela, desfilaron persoas que se converteron en modelos de algo, e non sempre bo, das que asimilei o que "se debe facer" ante certas envestidas, mais, sobre todo, "O que non se debe facer". Un camiño errado preto da meta pódese arranxar collendo unha das primeiras saídas, pero un camiño equivocado que te engana tapándoche os respiradeiros, só te pode conducir a autodestrucción. Invítovos aos que transitedes polo segundo, que collades a ferramenta adecuada para despexar as saídas pertinentes. Eu tiven a sorte de atopar un par de amigas que me acompañaron na procura do material. Hai intres nos que aínda o perdo porque son unha eterna despistada. Pero sei que quero vivir o máis aceptablemente posible. Quero sufrir o menos que poida. Quero axudar aos outros o mesmo que outros me axudan a min... Tamén sei que non quero ser carne de canón da resignación, da frustación, do odio, do conformismo, do rancor... Non penso vestirme co traxe de soberbia, nin co do clasicismo, nin co do radicalismo, aínda que algúns que non me coñecen tenten catalogarme como tal... Que insensatez!
Remato con Aristóteles, que dicía: "Vivir, sufrir e morrer, son tres cousas que non se ensinan nas nosas Universidades e que, sen embargo, encarnan toda a sabiduría necesaria para o home..." xa vedes, discrepo con el en tantas cousas, e rescátoo para outras admirablemente razoables.

sábado, 2 de julio de 2011

A hipocresía...

Xa estou fartiña da hipocresía da xente. Bueno, de algunhas persoas. Mellor... de moitas persoas. Penso que se confunde ser hipócrita con ser diplomático, que é cousa moi diferente.
Os hipócritas, e vou falar en terceira persoa, pois eu para nada considero adxectivada con esa palabriña, teñen sorriso postizo, mirada postiza, asinten cando queren dicir que non, falan suave cando a súa maneira de falar é a berros seguidos. Os hipócritas, non son un, son dous. Se lles caes ben, coñeceras o normal. Pero, como non lles gustes, vas coñecer o falso. O actor ou actriz, que, moitas das veces, é nefasto interpretando o seu papel.
Eu non consigo ser hipócrita. Por iso, aqueles que non me gustan, sábeno de contado. A non ser que sexan demasiado parvos e nin sequeran se decaten dunha cousa tan evidente. Agora, diplómatica, iso sí que hai que poñelo en práctica moi a miúdo. Porque é lóxico que te ves obligado a convivir con xentiña que non especialmente do teu agrado todos os días, como para non falarlles ou cousas así. A verdade é que eu ollo pouco a tele, pero se tivese que manifestarme cada vez que sae Belén Esteban, na miña casa non gañaríamos para aparellos destes, porque seguro que lle tiraría un zapato de moi boa gana... Como quedaría o zapato? Tamén destragaría moitos.
O caso é que, ser hipócrita é idéntico a ser falso. Hai que facer prevalecer a educación porriba de todo, pero a hipocresía, é precisamente o contrario desta actitude.
Vou adxuntar uns conselliños da miña colleita que penso que definen a un hipócrita:

-Acostuman a ser amargados/as, resentidos/as que detestan aos que loitamos por ser
felices.

-Nunca se aledan das cousas boas que lles acontecen aos outros.

-Un hipócrita é incapaz de amar.

-Un hipócrita, vive unha vida de mentira, porque lle da medo vivir a que lle tocou.

Un saúdo para todos os hipócritas... Perdón! Non creo que ningún destes lea este blog. Mais, se coñecedes algún, acompañádeo nos sentimentos da miña parte.

jueves, 30 de junio de 2011

Príncipes, rás, señores...

Algúen pode dicirme por que hai príncipes azuis e non hai princesas azuis? Resulta que se se é princesiña, xa se dá por descontado que se posúe sangue real. Agora, se se é un príncipe... pódese ser azul ou non. Se non é desa cor, será un que herdou un título sen máis. Pode ser alto, baixo, listo, torpe, etc. Total, xa ten o choio asegurado. Pero... un príncipe azul, debe ser... Pois non debe ser nada. Tan só ten que (sempre supostamente) chegar a vida dalgunha muller e amosarlle que é o home adecuado para ela.
Ou sexa, que a min, ou a ti, ou a ti, mulleres do mundo, prívannos do dereito de convertirnos en princesas azuis. Nós non chegamos a vida de ninguén, nós esperamos a que cheguen a nosa. Iso será o que cren eles. Eses señores que, de príncipes non teñen nada. Pero eu si que os encaixo nun catálogo de cores. Por exemplo, está o sr. Azul. Este é o típico home que se cré con todo o dereito do mundo de irrumpir na vida de alguén cando lle apetece. O seu medo máis grande, é converterse en rá. Ben sexa porque chegou tarde, ou, porque como dicían na peli "O clube dos poetas mortos", non colleron a rosa mentras podían e despois xa non a atoparon. Está o sr. Verde. Se o primeiro que mencionamos era un clásico, este é un cursi. Non vive nun mundo real. Se te atopas con él... mellor non. Os srs. Vermellos son antes ca nada, radicais. Eles están en posesión da verdade. Tratarán de convencerte a ti, muller que os estás toleando coas túas exposicións verbais, para despois vir a dicir o mesmo que ti mantiñas desde o principio. Se tamén ten cor azul, ou sexa, é bicolor, fai soar as alarmas, pois será un clásico radical. Independentemente da cor da súa pel, os srs. Negros, son os pesimistas por excelencia. Pretenderán que olles a vida desa cor todo o día. Se tí tentas facer o contrario, vivirás mal, moi mal con estes tipos. Non vai ser mellor o teu futuro se no teu camiño se cruza un sr. Amarelo. Un soñador. Seguramente será maravilloso pasar con él anaquiños de tempo. Pero... sempre... eu non podería. Son Tauro e teño os pes na Terra moi a miúdo.
A conclusión é que xa non existen os príncipes azuis. Só existe a persoa adecuada para a persoa axeitada. Ambos con defectos, ambos con virtudes. Ambos con soños, con medos... Pero sen soberbia.
Que tipo de sr. és ti? Sabes que tipo de sra. son eu?...

miércoles, 29 de junio de 2011

Por ser vos quen sodes...


Onte tocoume volver a retocarme un pouquiño máis da conta para asistir ao acto de graduación de Antía.
No seu instituto, xa non se trata de celebrar a marcha dos alumnos cara a universidade, a Formación Profesional, o mundo laboral, ou calquera outra saída, con un festa entrañable de convivencia entre alumnos, profesores, pais, nais, etc. Agora, celebran uns macrofestivais que poden chegar a ter unha duración de cinco horiñas. Iso, sí, todo moi ben "coordinado" polo xefe da expedición, o Sr. Director. Púxenno con maiúsculas, non?... A cousa é que a primeira parada ten lugar no auditorio de Caixanova... Xa non se chama así!... Novacaixagalicia. Rapaces e rapazas marabillosos. Tratando de non trastocar o discurrir do acto en ningún momento. Discursos, entregas de premios... Noraboa, Antía polo teu ao mellor expediente, gañáchelo ti, co teu traballo e a túa vontade. Entrega de bandas, discurso de D. Luís, o director antes mencionado. Concerto da coral de Vilagarcía. Moi ben. Música escollida con bo gusto e unha excelente interpretación do Gaudeamos Igitur. A min este himno ségueme emocionando cada vez que o escoito.
Pero o mellor, o mellor, foi cando os mozos e mozas foron eles mesmos. Isto tivo lugar ao final. Todos acompañaron coas súas voces a canción que escolleron, "Hai un amigo en ti", da peli de Disney "Toy story". Todos estaban xa deshinibidos, sorrintes... penso que xa comezaban a sentirse libres de tanto formalismo. Bueno, claro que aínda lles quedaban, mellor dito, nos quedaba, pasar polas instalacións do Real Clube Nautico para tomar un viño, e uns pinchos. Polos que previamente cada membro da familia houbo de pagar 10 euros, incluído o alumno ou alumna en cuestión.
Como se trataba dun acto de despedida, eu tamén vou agradecer. Así que, agradezo ao equipo de docentes do centro público, a súa labor. Bueno, case a todos. Pero iso acontece en todos os lugares. A todo o persoal e ao equipo directivo... A estes, especialmente ao que os representa, agradecerlles o traballiño, que estou segura que o levan. Pero, tamén reprocharlles, mellor en terceira persoa, sen "s". Eu penso que estas festas son para os rapaces e rapazas. Non fai falla que haxa prensa. Non fai falla que para comer unhas croquetas, un pouco de tortilla e catro cousiñas máis, te vexas obrigado a pagar. Polo menos, esa cantidade. Non fai falla que nos conte que lle sae máis barato celebralo así que no instituto, como se fixo toda a vida. Porque non somos usuarios dun centro privado de luxo. Somos familias que facemos uso da ensiñanza pública. E, se algo ten que distinguir a ensinanza gratuita da que non o é, é precisamente o achegamento a todos e todas. Sen distincións. Sen etiquetas.
Eu estiven alí pola miña filla. Preferiría estar no centro onde pasou seis anos da súa vida. Desexaría non ter que escoitar falar da única rapaza que suspendeu selectividade dese centro en público, como tivo a "ben" D. Luís mencionala. Non dixo o nome, pero todos nos demos conta cara a onde ollaba, onde estaba sentada "el bomboncito"...
Para ti, Antía, noraboa por ser ti. Por non deixarte engaiolar por certas paranoias. Porque o que de verdade importa, e que deixas un montón de mestres que te queren, de amigos, máis que compañeiros, de traballo convertido en boas calificacións, de ideais plasmados en recoñecementos... E, de crecemento persoal, onde foches capaz de demostrar, que todas as persoas son iguais, teñan a categoría social que teñan, a capacidade intelectual ou problemas de outra índole.
Espero poñer tacóns en breve. Pero será porque quero estar toda mona para asistir a eu qué sei o que... Ou sexa, un acto social deses que está no sitio onde de verdade debe estar. Será que eu non podo cantar aquilo de "antes muerta que sencilla". A min gústame máis, "antes sencilla que barroca".

lunes, 27 de junio de 2011

A dourada cervexa.

A verdade, é que non debería ser ese o título do día. Porque, a cervexa tamén pode ser negra ou máis tostadiña. Eu mesma lembro cando estaba non instituto. Naquela bocatería, que aínda existe e mantén o éxito dos bos tempos, só que, rexentada polas novas xeracións. Pois aí, foi o meu primeiro contacto coa cervexa negra. Aconselladas polo dono do local, as miñas amigas e máis eu, comezamos a degustar aquela bebida que, segundo o hosteleiro, era mellor para as mozas. Descoñezo a razón, pero estaba moi boa...
Se nos remontamos tempos atrás, atopamos que a cervexa era unha bebida popular entre os exipcios, mais, para quen constituía un brebaxe "oficial", era para os galos, os bretóns e os xermanos. O imperio romano, familiarizouse con ela durante a súa expansión polo norte de Europa.
Na Idade Media, comezou a dependencia dos europeos polo lúpulo, pois o viño quedaba relegado ás mesas máis ricas. A cervexa daquela, era unha bebida doméstica, que se elaboraba nos fogares dos campesiños, mentras que o viño adquiría un carácter máis monacal. Para iso os mosteiros posuían a maioría dos viñedos. Mira para iso...! Daquela, esta bebida, tiña unha graduación máis baixa. Había a lenda de que os ríos e os pozos eran transmisores de todo tipo de enfermidades, polo cal, a xente apagaba a súa sede a golpe de cervexa. Comezaban no almorzo. O normal, era tomar medio litro de lúpulo, no cal mollaban pan seco. Durante o resto da xornada, podían tomar uns dous ou tres litros máis. Por exemplo, Eduardo I de Inglaterra, estableceu que os seus soldados tiñan dereito a recibir cada día 4 litros de cervexa.
En España, o monarca impulsor da bebida, foi Carlos V. Para que o seu labor no noso país non o alonxara da súa brebaxe preferida, trouxo consigo a célebres mestres cerveceiros, tales coma Enrique Van der Trehen, a quen se lle encargou poñer en marcha unha fábrica de cervexa no Mosteiro de Yuste...
Sexa como sexa, a cervexa é un veículo de comunicación. Algunhas operacións de marketing, transformadas en anuncios que traspasan o obxectivo e se convirten en emblemas sociais, demóstranos que as reunións en torno a cervexa, seguen tendo máis espontaneidade que as que xiran cara os viños.
Eu non entendo moito de cervexa. Na miña humilde realidade, sei apreciar se o seu sabor me gusta máis ou menos. Tamén é verdade que, debido ao seu amargor, apaga a sede mellor ca calquera outra. E, segue estando vinculada a igrexa, polo menos no que respecta os nomes comerciais, onde abondan cantidade de referencias a frades.
Polo tanto, fagamos un brinde cerveceiro... Por certo, esta palabra chegou a nosa linguaxe nos tempos de Carlos V. Xa que, despois de que saqueara Roma, as súas tropas axeonlláronse ante o emperador co berro de "ich bring dir's", que, traducido do alemán viña a ser algo así coma "eu ofrézocho". A frase evolucionou ata a actualidade pasando a chamarse "Brinde", modificando a fonética alemana.
Remato escoitando a canción de John Lennon: "Woman". Buscádea se non a coñecedes, xa veredes que merece a pena.

jueves, 23 de junio de 2011

A noite máis meiga...

Xa está aquí. O 23 de Xuño, día que trai consigo a noite meiga por excelencia. Para os galegos, cuxo orixe celta nos deixou a sombra da maxia, o lume e a auga contribuen a que a diversión e os rituais vaian da man.
A verdade, é que fai moitos anos que eu non vou a unha fogueira. Lembro algunhas das veces nas que acudín e o pasei realmente ben, outras, tan só estiven alí. Agora, o que non deixo de facer periódicamente cada unha destas noites especiais, é o rito das herbas. Ou como se chame. Eu refírome ao feito de depositar o ramallo de herbas nunha cunca de auga e colocalas no balcón toda a noite baixo a influenza da lúa, para lavarse con elas a mañá seguinte. Xa sei que iso se pode facer calquera noite do ano, xa sei que non ten propiedades máxicas nin nada diso. Pero, eu, que nacín nunha aldea, que vivín alí ata pouco máis ca miña adolescencia, non coñecía ese ritual. Descubrino a través dunha marabillosa veciña que vivía ao meu carón no primeiro edificio no que residín aquí, na cidade. Era unha grande muller, e ela sempre dicía que, así polo menos asegurábaste que unha vez no ano ías facer algo bo pola túa pel. Adoptei esta postura e as miñas fillas tamén se lavan cada mañá do 24 coa maravillosa auga resultante da noite. Todos e todas deberíamos adoptar algunha actitude meiga en certos intres, senón, tanta realidade anóxate.
A lúa, é outro elemento fundamental nesta noite. Para mín, a lúa é parte indispensable todas as noites da miña vida. Creo que vivo baixo o seu influxo constante. E, os que ides lendo o meu blog, xa o comprobariades por vos mesmos.
Disque esta celebración se remonta o nacemento de San Xoan, que tivo lugar o 24 de Xuño. Parece ser que a proximidade desa data co solsticio, fixo que poderosas enerxías solares actuasen sobre a Terra. Unha simple explicación de orixe católica, penso. A ver se agora imos ter que plocamar o 11 maio, data na que eu nacín, un día especial porque as flores se conxuraron para facer o planeta máis... ou na que naciches ti, ou ti, ou ti... Chorradas!
O que toda a xente que participa activamente nesta noite acaba facendo, sen dúbida, é saltar olas ou fogueiras. En Galicia, o número de olas que debes saltar, son nove. en outras zonas de España, creo que son 7. Sonche cousas da maxia!
Pero o lume. O que máis me gusta do lume é o seu crepitar e o seu escintilar. Iso sí que enmeigalla. Mais, o feito de que logo quedas cheirando a afumado toda a noite ata que chegas a casa e te duchas, sexa a hora que sexa, xa non che me fai tanta graza.
Cousas da sociedade. Sempre hai que ter intres máxicos para as multitudes. A lúa sempre está aí. O lume sempre está aí. A auga acompáñanos cada día. Sexa doce ou salgada. As esperanzas, as peticións, os soños... os riscos de saltar porriba das cinzas quentes, están ahí, cada noite ou cada día... Uhm! esquecíame que agora non se poden facer fogueiras en calquera momento. E, as herbas, tamén están no monte durante unha chea de días. Algunhas coma o laurel, sempre... Pero a mín agrádame ter algo especial que facer unha sóa vez no ano... Seguro que a ti, tamén.
Non sei se vou acudir a unha fogueira. Se o fago, será porque os meus acompañantes o decidan así. Pero, se non estou alí... Non deixarei menos meiga por iso. Porque o feito de ser galega, implica levar a maxia na sangue...

miércoles, 22 de junio de 2011

"Fala para que eu te coñeza..."

A frase de enriba pertence a Sócrates. Acordei titular a entrada desta maneira, porque, as veces, lembro que falo un montón. Pero, hoxe mesmo, unha amiga, unha boa amiga, díxome que era un pracer que tivese tanta locuacidade disparando palabras, porque cando lle chegaban sempre lle dicían algo... Aínda asi... tamén sei facer silencios. De verdade... Incrible!, pero non deixo de ser unha grande tímida.
Mais, agora voume remitir a unha peli fenomenal: "O clube dos poetas mortos". Lembreime dela, sen máis, e penso que hai frases deste film que merecen a pena. Por exemplo, hai unha que di:"Non esquezan que a pesar do que lles digan, as palabras e as ideas poden cambiar o mundo". Indiscutiblemente, si. É máis, non existe outra maneira de facelo. As modificación progresivas que se desencadenan nesta "Boliña" nosa, veñen sempre impulsadas por unha idea puntual respaldada por unha palabra acertada. Aínda que en ocasións non sexa nin unha cousa nin a outra. Porque para o mestre da peli, a felicidade consiste en ter soños limpos, por iso dicía: "Móstrame un corazón que estexa libre de soños necios, e eu mostrareiche a un home felíz".
A cousa é saber disfrutar do que te rodea. A iso se refire con " Collede as rosas mentras podades. Velóz o tempo voa. A mesma flor que hoxe admirades, mañá estará morta". Según o protagonista, o lema a seguir é: " O día de hoxe non se voltará a repetir. Vive intensamente cada intre. O que non significa alocadamente, senón mimando a situación, escoitando ao outro, tentando acadar cada soño positivo, buscando o éxito do outro, examinándose da asignatura fundamental:O Amor. Para que un día non lamentes ter malgastado egoístamente a túa capacidade de amar".
Claro que, sempre están aqueles que se pasan o día criticando a forma de pensar dos que tendemos o romanticismo en certos campos. Eses para os que as ciencias explícano todo. A ver se lendo a seguinte frase, entendedes o que pretendo dicir: "Non lemos e escribimos poesía porque sexa bonita. Lemos e escribimos poesía porque pertencemos a raza humana, e a raza humana está chea de paixón. A mediciña, o dereito, o comercio, a inxeniería... son carreiras nobres e necesarias para dignificar a vida humana. Pero, a poesía, a beleza, o romanticismo ou o amor, son cousas que nos manteñen vivos".
Neste momento no que milleiros de estudantes modifican ilusión por práctica. Inducidos a maioría das veces por pais e mestres que pretenden inculcarlles a "Virtude" de forxar un bo futuro, eu fago apoloxía das humanidades. Hai un mundo máis alá das ciencias... As letras construen palabras que enlazan frases que transmiten pensamentos que naceron dun sentimento... Esta é miña.
Para rematar, voume remitir a Paulo Coelho, que di: Loita polos teus soños ou os outros farante escravo dos seus".

martes, 21 de junio de 2011

Ola, verán...

Entra o verán. Vaise a primavera. Sinxelamente un proceso natural marcado nun almanaque artificial, elaborado para machucarnos a caluga cós días, as semanas e os meses. Agora, xa que está así estipulado, pódense marcar fronteiras.
Por exemplo, para min, o feito de que comece o verán, indica que entro a formar parte das listas do paro. Si, xa sei, con vistas a ser readmitida en setembro, sen moitos visos de inactividade total. Iso é case imposible na miña persoa. Pero, coa primavera, vanse persoas que han de tardar un pouquiño en voltar a miña vida. A maioría dos meus madrugadores, ou dos meus meniños de teatro. Algúns deles, aparecerán de vez en cando por aí, outros rexurdirán da súa desaparición estival en setembro, máis grandes, máis maduros. Mesmo sei que haberá persoas coma Hugo, que leva asomando na miña vida durante seis anos cada mañá,que xa non voltará a estar con nós todos os días, pois agora reclámao o instituto. Sei que todo irá ben. Eres un bo rapaz, Huguiño. De todos os xeitos, mamá e máis eu continuaremos convidándonos a eses cafés que, ás veces,se dilatan máis do debido, pero sempre chegan.
Seguramente aquí queda a miña cor clariña para tornar nun moreno, espero que aceptable. Aínda que non me inqueda iso, pero os paseos contínuos pola beira do mar, traen esas consecuencias positivas... creo.
No cole onde traballo, haberá cambios respecto a algunhas persoas. Non pasa nada. A vida sigue. Ata pode ser que mellor. Penso que mellor. Igual... moito mellor... Non digo nada, que miña avoa sempre dicía que é mellor ruín coñecido cá bo por coñecer...
Pero... mañá perderei de vista a ese admirador madrugador. Ese que leva desde o inverno facéndose notar. Non sei quen é. Non me importa demasiado. Ou nada. Seguro que ata ten un libro de familia onde figuran máis de dous. Él tampouco sabe nada de min. Iso espero. Mais desde a súa presentación días atrás, que me desagradou en exceso, non para de agasallarme ao meu paso con palabras... en español, iso si. Vamos, o que se chaman piropos.E acompañados, ante o meu mutismo, de sons de cláxon e lanzamento de bicos. Non o podo crer. Esas cousas que ollas nas pelis e que parecen que non poden acontecer a pé de rúa. Sobre todo tratándose de persoas que procedemos dos anos 60 e xa non somos críos. Seguro que ese home naceu neses anos? Intuición:SI. Mira, Mister Admirador, sei que nunca lerás isto. Non sabes quen son, nin o que me gusta, nin a onde vou, nin de onde veño. Por non saber non sabes nin como me chamo... Menos mal! É máis, estou segura de que o que te atrae da miña persoa é a miña maneira de camiñar co meu maletín de rodas e o meu cabelo solto ou o vento. Tampouco é a cousa para parar o tráfico, mais algunha xente que me observa desde o autobús, por exemplo, din que infundo enerxía. Así que, xa podes ir buscala a outra parte, se se trata diso, porque a partir de mañá, acabóuseche o espectáculo... Espero que en setembro haxa máis. Sobre todo polo meu ben... Falo do traballo.
O verán tamén marcará unha paréntese na miña vida e a das miñas fillas. Para Antía, comeza a súa andaina polo CUVI. Penso que o disfrutará. Vai facer o que lle gusta. Ela vale moito e tan só ten que ser así... Boa persoa e férrea estudante... Iria, ten outro reto diferente. Reino Unido. Será a súa primeira experiencia como ensinante. Como extranxeira nun país anglosaxón. Como independente. Máis ca nunca... Pero ti podes, Iria. Se te queres dabondo e compartes sabiduría e amor, conseguiralo.
Pola miña banda, non sei que expectativas amosa o outro lado do límite do verán. So sei que terei que remitirme unha nova carta. Ao mesmo plazo dun ano ca anterior. Naquela non houbo tantas modificacións na miña vida como estaba previsto, pero o balance foi positivo. Eu son a única que pode facer subir e baixar os pratos da balanza, e sei cal deles debe estar enriba e cal embaixo... Mira que domino a teoría!
Hai certas expectativas que non deixarán de ser iso ata que se concrete a venda da miña casa. Pero, ninguén me poderá impedir bailar descalza, cantar no Karaoke, tomar café con xente, pasear por Samil o ritmo do meu MP3, acudir ao teatro, a concertos, ao cine, falar, falar... a modo. Ler, compartir... Ou seguir pensando que vivir merece a pena e que elexín o camiño exacto para tentar facelo ben.

lunes, 20 de junio de 2011

Pequenas mentiras ... sen importancia.

Hoxe vai de peli. Exactamente unha que fun ver este domingo con Jose. A verdade, é que o título non leva puntos suspensivos, pero, a min paréceme máis lóxico engadirllos.
Digo eu que, cando un minte, non será pola falla de importancia do asunto en sí. Aínda que, a mín paréceme que neste caso, non eran mentiras o que había, senón omisións da verdade. Cousa absolutamente diferente.
O film refírese a un grupo de amigos que veranean xuntos por norma. Entre eles, hai dúas parellas. Unha delas formada polo dono da casa. Home de negocios. Sen dúbida algunha. A súa dona, é a gran muller que está detrás do éxito deste home. Organizadora, que non mandona, e sensata. A outra, compóñena un doutor e unha muller sufridora e frustada. Despois saberedes por que.
Ademáis destes están unha moza insatisfeita coa súa vida amorosa. Ela disfraza o seu problema coa práctica de sexo compulsivo. Eu penso que era así, non?
Tamén forma parte do grupo un home que vive preso do amor que sinte pola súa moza coa que rompeu e él tenta recuperar. Hai outro persoaxe que destaca. Trátase doutro home, que, despois de levar unha vida do máis movida, pasaba dun ligue a outro probando todas as novidades sexuais que se lle prantexaban, namórase dunha muller...
Esta peli merecíase ter o filósofo espiritual encarnado por un amigo residente no lugar de vacacións que lles aporta estabilidade interna, ou iso pretende. E,como non, tamén o realista. O que olla a vida a través dos sentimentos e das emocións.
A película comeza sinalando ao amigo ausente. Un home que ten problemas coas drogas e vai dar cara a UCI cando é arrollado por un camión.
De aí parte o primeiro dilema. Algúns deles propoñen non desplazarse de París para permanecer ao seu carón. Pero, a maioría decide que so son quince días durante os cales estarán en contacto con él. E, agora, aproveito para argumentar: realmente a amizade non consiste tamén en permanecer ao lado do amigo aínda que iso supoña renunciar o teu merecido descanso?... As veces hai cousas que só a familia ou unha parella faría por un... Ou un amigo de verdade.
Xurden problemas do tipo de un dos emparellados que descobre o seu lado homosexual namorándose do outro home casado. Situación que o segundo resolve, mellor dito complica adoptando unha postura irascible e un chisco agresiva. Ao mesmo tempo, a gran sufridora, a muller do inadaptado sexual, que se ve desplazada na súa parella e ignora o por que. Destacar a actitude da outra muller, a cal pretende en todo momento reubicar as pezas que o seu compañeiro descoloca contínuamente.
A muller desencantada que disfraza con sexo a súa soidade. O mozo que loita pola muller que quere e consegue reafirmar a súa relación. O outro home que tamén quere reconquistar a muller que ama, e non o consegue. Este persoaxe, vese envolto no medo ao futuro e fracasado por non poder afianzar algo que era importante para él... A vida mesma... Mensaxe para os aprendices de chinos que pretenden fortificarse cunha muralla que nunca poderá ser tan longa, tan forte, nin tan duradeira coma a deles. O peor é que non sabes en que intre da túa vida se derrumbará, o que te agardará fora daquela, ou se atoparás alguén que aínda estea disposto a axudarche a saír do pequeno territorio.
Boísimo o experimento que plantexa o "guía espiritual". Coloca o mesmo arroz en dous botes diferentes, pero semellantes. Fálalle a un deles todos os días con palabra agarimosas. Co outro invirte o ton das túas verbas. Insúltos e berros. Disque o primeiro se manterá en perfecto estado, mentras o segundo se pudrirá. Eu vou tentar probalo... Total, tan só perderei un pouco de arroz. E, de seguro que poñer un pouco de ira cara a un bote de cereal, axudarame a liberarme de calquera cousa negativa... Ou non?
Non faltan os tópicos. Hipocresía, porque creo que se percibe. Iso sempre ocorre nas relacións persoais en algún momento. Ata no último adeus ao amigo. Por que hai que vestirse de negro riguroso? Mira ti, tan avanzados e despois cheíños de formalismos estúpidos! E, neste caso, créome con potestade para criticar estas conductas. Eu fun nun momento da miña vida duramente criticada por vestir de cor clara no enterro dun familiar... Necios os que xulgan a vestimenta mentras desprezan outras actitudes máis importantes.
Por iso, non había mentiras. Senón omisións puntuais da verdade. Cousa que facemos todos de vez en cando. No meu caso, procuro que sexa puntualmente e por imperativo legal, máis estou segura que en ocasións non debería facelo nin así. Nin ti, nin tampouco vostede...
A vida é máis dura. A vida é máis grata. Pero hai que querela vivir. Mellor dito, hai que querela dabondo para podela disfrutar.
Coa experiencia de vida que teño, decidín que quero ter un grupo de amigos. Con un deles que verta bolboretas na última reunión que manteñamos, ou que manteñan o redor do meu cadaleito... Xa sei que era area, pero eu prefiro que voen bolboretas. Tamén quero contar con xente que me queira acompañar se estou seriamente perxudicada nun hospital. Ou o que é o mesmo, que sexa dabondo importante para renunciar a uns días de ocio e texer unha ponte de sentimentos... A palabra exacta é "amor" en todas as súas variedades.
Será que en todos os grupos de xente se quere igual por tódalas bandas... Por todas, por todas?... Eu que sei.
Remato escoitando "a miña maneira" de Frank Sinatra. Onte chorei con ela. Hoxe tento non pensar demasiado e quédome coas risas do meu colega de butaca que me superou, e mira que é difícil... Moi ben...
O problema é para os que non víchedes a peli. Conteivos un montón de cousiñas. Mais, aínda así, se tedes ocasión non vos perdades esas duas horiñas e medias de emocións, se sentimentos, de hipocresías, de amor incondicional... en definitiva, de VIDA MESMA.