Xa está aquí. Un cambio que queda reflectido nun simple número. O cero polo un. Pero tamén queda constancia del no troco de almanaque.
Na miña cociña, sempre temos un calendario de cine. Literalmente. Quero dicir que as páxinas superiores van adicadas a películas de cine antigo.Consta dunha grande fotografía do filme que representa cada mes. Este de inicio, está representado por "Espartaco", e o fotograma é de tres dos actores desa película: Kirk Douglas, Tony Curtis e Jean Simmons. Unha boa obra, por certo, de Stanley Kubrick, rodada no 1960.
Cando troquei os dous almanaques, voltei a ollar a foto de Xaneiro do ano 2010. Estaba caracterizado polo filme "La tentación vive arriba", de Billy Wilder, estreada no 1955, e protagoniza a foto unha suxerente Marilyn Monroe sumerxida nunha bañeira cheíña de espuma
Despois, tiven tempo para darme conta das grandes diferenzas entre a representación gráfica que fai este calendario do mesmo mes de cada ano. O pasado, comezaba cun producto máis ben frívolo, cinguíndose o tipo de traballos que fixo Marilyn. O presente, está simbolizado por unha obra con garra. Con forza. Con contido histórico.
Así que, eu ,facendo uso da miña mente voadora, comecei a elaborar similitudes respecto a maneira de inicio de cada un deses anos na miña vida. Non é que o pasado comezase de maneira frívola, pero sí que viña cheo de resignación, medos, expectativas, moitas cousas por facer e algunha moi importante por levar a cabo. O que acabo de empezar, ven cargado tamén de expectativas, moitos retos que concretar, pero sin tanto medo, nin tanta resignación e con aquela cousa tan importante resolta.
Por tanto, facendo honra ao calendario, dou a benvida o 2011, despois de ter unha noite de festa rachada. Aquí estou, tal como fixo Espartaco, disposta a liberarme da escravitude das insatisfaccions, e preparada para enfrontarme a todo aquilo e aqueles que me traian a tranquilidade espiritual e o positivismo. Aínda que só sexa un anaco de vida enlatado nunha cifra, esperemos que cando chegue o momento de abrir a lata o producto estea nas mellores condicións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Seguro que este vídeo te gusta, aunque pegase más en una entrada de Navidad Navidad
ResponderEliminarhttp://blogs.rtve.es/carlosdelamor/2010/12/24/volver