Non lembro o momento no que fun consciente do meu amor polo baile. Fun unha nena bailona, unha adolescente raíña da discoteca, unha adulta amante do baile en xeral. Tan namorada del, que ata o practico na casa cando fago calquera cousa, ou na rúa incoscentemente, ou nas tendas cando soa a música apropiada.
Facía tempo que non bailaba nos lugares axeitados coa periodicidade da fin de semana. Si que ía esporádicamente, cando saía con xente, e algunhas das veces, optábamos por pasar as horas de cafetería en cafetería sin máis. Agora voltei a practicar "dancing". Liberas un montón de adrenalina, esqueceste dos problemas, exercitas os músculos... e sintes que te expresas de outra maneira, que fas algo positivo e que non eres un obxecto de escaparate.
Hei de recoñecer que a miña maneira de bailar non ten cancelas, quero dicir que podo pasar dun movemento das cadeiras provocado polo son da música latina ata a axitación corporal, incluída a caluga que che proporciona calquera estilo de rock. Recordo que a miña nai tiña unha grande preocupación porque alguén lle comentara alá polos meus 15 anos que, cando bailaba, mesmo parecía que estaba posuída, borracha ou drogada. Ai, aquela xentiña!
Ben é certo que non todo o mundo ten a mesma actitude innata para a danza, pero calquera pode mover o seu corpo aqo ritmo da música. Só hai que tentalo e, sobre todo, non ter vergoña. Non pensedes nos que vos miran. Centrarse nun mesmo é fundamental. Deixarse arrastar polo son é moi sinxelo. Outra cousa é que non che guste mover o corpiño, que iso acontecelle a moita xente. Por iso non practican ningún deporte, non camiñan ou non bailan. E moitos destes, aburridos por non ter azos para soltar ataduras, poñense a criticar oas outros. Os que aproveitamos o tempo facendo o que nos gusta... Eu nunca xulguei os/as que non se movían na discoteca ou nos pubs, pero vou ter que facelo, porque cada vez son máis os/as que non bailan. Así que ... preparádevos, que o próximo día... dame igual o que fagades co voso corpiño... A min non me importa. Só sei que comecei unha nova andadura, e o que conta é atopar a luz no túnel. Aínda non atopei a saída, pero cada fin de semana, encendo un interruptor para dar uns pasiños extra.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario