lunes, 17 de enero de 2011

Eu que sei...

Iso é o que pasa. Que hoxe non sei que contar neste blog. Ou sí, pero iso non quero escribilo. Así que contarei calquera cousa. Moitas calquera cousas.
Por exemplo, lembreime dese libro que lin fai tempo, e que creo que todo o mundo debería ler:"O Principiño". Un libro que semella estar feito para nenos. Pero que realmente é imprescindible para calquera adulto. Para que sexamos mellores persoas. Para que recuperemos esa dose de imaxinación da que acostumamos carecer en infinidade de ocasións... Ben, eu aínda non son das peores... Ou sí.
Tamén quería destacar o mal que o paso cada vez que me atopo con persoas pedindo. Iso debe de ser bo. Quere dicir que o meu corazón aínda está vivo. O caso é que a miña economía non me permite axudar a todos. Así que fago o que podo. Pero... para aqueles que me consideran demasiado boba por ter esta actitude, recordarei unha cousiña que me contou a miña filla. Trátase do seu profesor de filosofía. É un home cunha grande capacidade intelectual. Ten dúas ou tres carreiras. E sabe analizar a vida por onde queira que a collas. Pois ben... a él acontécelle o mesmo ca min. ¿Por qué tendes que ser mellores os que pensades outra cousa?
Hoxe recibín un correo de imaxes cheas de beleza. A persoa que mo enviou tamén é un fermoso ser.
Hoxe foi un día máis. Hoxe tiven ocasión de rir a conta de situacións que vivín o sábado. Hoxe fixen felices a algunhas persoas. Hoxe seguro que fixen un cento de cousas mal. Hoxe enfadeime con alguén... Só un pouquiño. Hoxe practiquei ioga. Hoxe os nenos e nenas de tres anos do cole chamáronme guapa espontáneamente porque lles pedín eu que o fixesen. Hoxe tiven un día moi ocupado... hoxe... ¿E ti?

No hay comentarios:

Publicar un comentario