miércoles, 12 de enero de 2011

As ovellas

Hoxe lembreime deses animaliños. Tan branquiñas elas, ou non, tan tapadiñas, ou case espidas, tan inocentes, ou ata parviñas. Esa é a imaxe que eu teño destes cuadrúpedos.
Na casa onde eu nacín, sita nun pobo calquera, había ovellas, e vacas, e porcos, e galiñas, e cans, e ata houbo coellos nunha tempada. Mais, sen dúbida, as que me inspiraban máis confianza, ou menos medo, eran as ovelliñas.
Non me estraña que algunhas relixións falen continuamente do rebaño. Porque andar dentro del, se eres unha ovella, e se és metaforicamente, tamén, implica facer exactamente todo o que faga a xefa. O que nunca souben é cómo se elixe a mesma. Pero, hai unha seguro. Así que se a ovella mandona, observa algo que a inquieta, e seguriño que o que sexa non mete medo ningún, porque as veces atemorizábase o verme a mín, e iso que eu era unha rapaciña do máis anxelical, comeza a fuxir, e alá van todas detrás dela sen saber nin por qué nin por qué non.
Eu disfrutaba moitísimo ollando esta actitude, que na maioría dos casos non obedecía a ningún estímulo presencial, polo menos que eu me decatase.
Claro que molaban porque te podías achegar a elas no caso de que non fuxisen, coa seguridade de non sufrir ningún dano. Outra cousa eran as vacas con esa mirada tan falsa e furiosa. E os porcos, que te atropelaban sen máis. Ou as galiñas que parecen tan inofensivas e a mínima recordánche de que van...
Eu non quixera ser ovella. Pero recoñezo que é o animal que me produce menos inquietude. Que monas co seu abriguiño de lá! E que fracas parecen cando van espidas no verán!... As veces a roupa aumenta descaradamente o volumen corporal...

No hay comentarios:

Publicar un comentario