miércoles, 19 de enero de 2011

A mirada

Hoxe tiven unha conversa con unha persoa que decidiu o título da entrada actual. Comezamos facendo unha broma, pola que eu manifestei que a partir de agora viaxaría polo mundo coa cara cuberta, a excepción dos ollos que os precisaría para moverme. A persoa interlocutora, expresou o respecto que non ía ter éxito, pois os meus ollos delataríanme.
Así que pensei que sería bo facer unha reflexión sobre a mirada. Paulo Coelho, dixo un día: "Podemos tener todos los medios de comunicación del mundo, pero nada, absolutamente nada, sustituye la mirada del ser humano". Unha gran verdade. Coa mirada, matas,morres, sufres, demostras medo, enoxaste... choras.
Según un proverbio árabe, "o que non comprende unha mirada, tampouco comprenderá unha longa explicación". Por esa razón é tan importante mirar as persoas cando falas con elas. Porque aquilo que non poidas deducir das palabras, poderalo descubrir nos ollos.
Alguén sentenciou un día que "o amor comeza con unha mirada, continúa con un beso e remata cunha bágoa". Mais non é menos certo que coa mirada podes alonxar a alguén do teu carón. Xa creo que sí.
Pero se acompañas un sorriso cunha mirada apropiada, aforrarás infinidade de palabras.
Todos sufrimos algunha vez unha mirada irónica que nos descolocou, unha mirada fría que nos conxelou a alma, unha mirada triste, que nos sumiu nun desconcerto, unha mirada amable, que nos deu azos para continuar o camiño, unha mirada severa, que nos fixo replantexar a acción que nos mantiña ocupados, unha mirada namorada... que nos fixo tremer de emoción. Porque, como dixo Bécquer,"el alma que hablar puede con los ojos, también puede besar con la mirada".

No hay comentarios:

Publicar un comentario