Hoxe foi o primeiro día de cole do 2011. Hoxe moitas cousas voltaron o seu lugar. O despertador volveu soar as seis e cuarto da mañá. Os madrugadores volveron a levantarse máis cedo cós seus compañeiros. Os que almorzan alí, chegaron de novo cargados cos seus termos e galletas ou cereais. Falamos dos Reis, do Papá Noel. Pintamos, xogamos coas peonzas, co ordenador, volvín a recibir debuxos dedicados...
Pero se houbo algo que me alegrou en parte, foi o reencontro con Adrián. Incorporouse de novo as aulas despois da traxedia da súa mamá. Os dous fundímonos nunha aperta, e, sorprendeume atopalo nun estado anímico bastante alto. Non así o seu pai. No abrazo que nos demos, sentín como o seu corpo tremía, e eu non era quen de poder acougalo. Pero é bo que todo comeze a resituarse. Porque a circunstancia é nova para eles. Creo que o están facendo moi ben. Todos estaremos ahí.
Así que despois de desfacer toda a ornamentación do Nadal que as miñas fillas argallaron, xa emprendemos a recta final do curso. O principio dun novo fin.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario