Se eres fumador ou fumadora(coñezo xente dabondo con esa peculiaridade)terás que reinventarte. Seguramente, o óptimo sería deixar de facelo. Menos gasto, máis saúde, e menos problemas a hora de ubicarte. Agora, se ti decides que non queres prescindir de ese "pracer" que che provoca: tos, un recendo particular según ti, un cheiro particular para outros, un buraco na economía, mal carácter se te quedas sen tabaco, peor humor se decides probar a deixalo... e nestes intres ata perda de amizades se a xente coa que te atopas nunha cafetería, por exemplo, non está disposta a cambiar de lugar para verte, vas ter varios asuntos que resolver.
O importante é que teñas prioridades, e que estean ben clariñas. Eu non son fumadora. Pero son tolerante. De todos os xeitos, haberá negociacions. Así é como se fan as cousas.
O importante é que isto non estrague relacións persoais. Para min son fundamentais. E espero que para a xente coa que teño o gusto de xuntarme, tamén. Por tanto, o idóneo será atoparse un pouco máis en espazos abertos cando sexa posible, outro pouquiño nalgunha casa, e seguir véndonos na cafetería de turno. Esas que descubres un día e volves a miúdo...
Como fumadora pasiva, só esixo iso. Hai xente na miña vida que me quere moito, pero fuman onde queira que estemos sen preocuparlles os meus pulmons. Hai algunhas desas persoas que se turnan para non facerme vítima do fume de seis ou sete a vez. Teño incluso algún amigo que se nega a fumar se estamos nun recinto pechado para non molestarme, aínda que eu lle suxira facelo. Eu só sei que se certas persoas non están na miña vida, non será por motivos tabaqueiros. Será porque se aburrían conmigo, porque lles resultei pesada, porque non me entendían... ou porque decidiron que ter unha María na súa vida era un problema. Mais, seguro que encender un cigarro non foi motivo, a pesar de ennegrecer un pouquiño os meus pulmons.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario