Despediuse hoxe Angel Martín do seu público. Un adeus que a bo seguro non será moi longo, pois é normal que nos tempos que corren teña algunha oferta para estudiar, aínda que él sosteña que se vai adicar a súa horta. Cousa que non lle virá mal, temporalmente, pois todos precisamos desconectar de vez en cando. Sobre todo, considerando que o programa no que traballaba era un formato diario e con un ritmo bastante acelerado.
Este cómico, guionista, actor e presentador, foi un dos culpables do éxito de "Sé lo que hicisteis...", un formato innovador cuxa principal función era evidenciar erros doutros programas, incongruencias, ou meteduras de pata.
Hei de recoñecer que eu fun unha das súas seguidoras. E digo fun, porque últimamente non vexo apenas a tele máis aló dos informativos e algunha outra cousiña. Tamén creo que Angel estivo moi acertado deixando a tele neste momento, cando o programa comeza a sufrir desgaste e vese moi limitado nos seus contidos porque varias cadeas impedíronlle ofrecer imaxes da súa programación. As veces, o éxito radica en saber retirarse a tempo. Pero, sobre todo na televisión a renovación é importantísima. E, seguro que, aínda que Patricia Conde continúe realizando unha labor fantástica, dubido que, de non sufrir unha innovación inminente, o formato teña moita vida.
No obstante, espero que este home, que demostrou ser sobradamente intelixente, teña a sabiduría de saber elexir o seu próximo reto. Deberá ser algo que enganche a un público cansado de tanta televisión bananera, hortera, chabacana, ruidosa... a aqueles que cando prendan o seu televisor, desexen atopar a frescura da información ben feita, a ledicia do sorriso conseguido sin recurrir á falta de respeto cara os outros, quenqueira que sexan os outros.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario