lunes, 24 de enero de 2011

24 de xaneiro, o peor día do ano.

Resulta que agora os matemáticos tamén xogan a ser adiviños. Isto ven a conto do pronóstico que fixo un matemático británico, que, utilizando unha fórmula desas que poucos entenden agás os da súa especialidade, chegou a conclusión de que o día de hoxe será o máis negativo no transcurso do 2011.
Polo que a min respecta, hei de dicir que non foi o peor dos que levan transcurrido desde o 1 de xaneiro. Penso que tiven outros máis malos. O home remítese a que a estas alturas do mes xa non temos cartos debido os gastos do Nadal. Pois eu veño pasando unha situación de crise económica desde antes de que comezara a que nos acosa a nivel mundial. Tamén conta que comezan a chegar os adeudos da tarxeta de crédito. Pois eu tiven bo cuidado de non utilizala para non sufrir sorpresas desagradables. Polo demáis, saín da casa coma todas as mañás con 6 grados de frío que notei menos ca outros días. Descubrín un calenturón no beizo, froito da baixa temperatura que reinaba onte durante a camiñata que fixen, pero asumino con resignación e busquei rápidamente solución o problema. Soportei estoicamente o ton revolucionado de voz que mantiñan os rapaces, etc. Iso si, era luns e costou un pouco máis levantarse, comprei un tapón para o fregadeiro que non me serviu e xa non sei como conseguir outro igual, pero manteño o meu traballo, asísteme a saúde regularmente, e outras cousas van funcionando mentras outras se manteñen na parte escura.
En canto as miñas propias averiguacións no meu entorno, os que se queixan seguían protestando coma sempre. Os que se conforman, estaban calados coma sempre. Os que sofren, continuaban sufrindo. Os que practicamos o optimismo, seguíamos facendo o propio.
Eu só espero que este non sexa o mellor día da miña vida, pois teño moitas cousas que resolver para estar un pouco ben, pero seguro que non foi para nada o peor. Se para ti foi aciago, será que che tocou ou que xa traías o saco moi cheo cando aterrizaches nel. Se non foi así, dille o matemático ese que a vida non se mide con números, aínda que moitos lle poñan cantidade o sufrimento ou o benestar. A vida exprésase en sentimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario