Estimados Reis Magos:
Vai moito tempo que non teño correspondencia con Vos. Pero entendo que xa está sendo hora de que o faga. Unha, porque penso que non me funciona a telepatía coas vosas reais mentes, e, outra, porque, como dicía miña avoa, onde hai papeis calan barbas. Neste caso non hai papeis, pero é que xa estamos na era dixital.
A primeira petición que desexo facer constar, é a que ten que ver coa saúde. A ver se nos traedes saudíña para todos. Sobre todo, para algunha xente que está vivindo baixo o xugo de certas enfermidades...
Facendo mención a parte económica, voume reiterar na venda da miña propiedade. Xa sabedes, esa casiña que me supón un gasto extra que non me convén en absoluto na miña circunstacia. Para min supón unha obriga mantela, e para outros significaría un luxo posuíla. Claro, que o importante é que non me falte o traballiño. Que os meus pequenos madrugadores sigan tendo que espertar un pouco cediño(síntoo), e os meus nenos de teatro continúen namorados desta arte. Tal vez se trouxerades unha boa solución para rematar coa crise que nos embarga... Aínda que teña cara de chino ou de calquera outra raza. Dame o mesmo. Tódolos rasgos son maravillosos.
E xa cheguei o punto que a min me parece importantísimo, a pesar de que haxa xente desencantada que pense que se pode prescindir del. O amor. Xa deixei claro varias veces que eu son unha romántica empedernida. Mais estou segura de que se hai algo quee realmente pode mover o mundo na boa dirección, é o amor. Con amor pódese soportar case todo. Ata este novo problema que xurdiu na sociedade española respecto o consumo do tabaco, será máis levadeiro se a xente se respeta, pero, sobre todo, se se quere. Porque entón haberá boa consonancia entre fumadores e non fumadores. A min desde logo, funcióname coas miñas amizades. É imprescindible amar para manter unha actitude positiva. En tódolos campos. Eu teño gran capacidade de amar. Coma ti Baltasar, ou ti Gaspar, e Melchor, e calquera que teña acceso a esta carta. Pola miña banda, teño moi boas expectativas. Só hai que tentalo moi forte.
Agora vou facer peticións a nivel xeral. Todos añoramos unha tele máis educativa e digna. Uns políticos máis humanos e menos burócratas. Unha Terra máis limpa, máis verde, máis pura... con uns habitantes menos materialistas, máis humanos, menos violentos, máis nobres, menos tristes e preocupados e máis alegres e desinhibidos.
Penso que pido moi pouco, porque deixar unha mensaxe na cacholiña de cada un dos agasallados cheo de boas vibracións, non vos costará demasiado.
E, pola miña banda, xa sei que non fun todo o boa que debería ser no ano pasado. Pero tenteino moito. A verdade é que está moi complicado, e, se aínda por riba, atopas especies humanas sen evolucionar no teu camiño... Bueno, é que non se pode ser perfecta. Iso sí, non me traiades carbón. O de verdade ensuxa un montón, e o de azucre non me gusta nadiña.
Sempre a espera de ver cumpridos algúns dos meus pedidos... Un biquiño para os tres.
¡Ah!, se me poiderades pasar a receita para estar en mellores condicions co paso do tempo...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario