Érase unha vez unha meniña que merendaba bocadillos de Nocilla "que merendilla", disfrutaba dos programas infantís de María Luísa Seco, ríase con Locomotoro, ou, soñaba con ter un día un cabalo coma aquel da serie "Furia". Tamén esperaba o momento no que o Superaxente 86, despois de atravesar varias portas automáticas, chegaba a unha cabina telefónica.
A nena respirou o aire puro da pradeira dos Ingalls, e, deslizouse por ela ata que coñeceu a unha rapaza peculiar que vivía soíña co seu cabalo, o seu mono, e lucía unhas trenzas tan tesas que nin a laca das 100 ptas.
Aquela cativa pensou que tomar coñac Veterano era cousa de homes, que para iso nacían así. Claro que todas as mulleres lles daban aos seus fillos o alimento que recomendaba aquel "negrito del África Tropical", e untábanlle as torradas coa margarina Natacha, que era "sabrosa coma un beso".
A meniña gustábanlle as obras teatrais de Estudio 1 con José Bódalo, Pedro Osinaga, Pastor Serrador, Luísa Sala, Inma de Santis, Mercedes Prendes...
Cando quería probar a súa velocidade mental retábase cos concursantes de "Cesta y puntos", "1, 2, 3... responda otra vez", etc. Tamén descubriu que España contaba con 35.000.000 de españoles co programa de José Antonio Plaza e Alfredo Amestoy.
As risas e as cancións estaban aseguradas no circo da tele cos paiasos Gabi, Fofó e Miliki.
Para informarse das novas do día, estaba o telexornal de Pedro Macías. E ata chegou a pensar que falar por teléfono era seriamente perigoso cando na televisión emitiron "A Cabina".
O que non perdoaba eran aqueles Cropáns que degustaba nos recreos da escola. En canto chegaba a casa, sempre había tempo para tomar un pouco de chourizo "Revilla, un sabor que maravilla".
Iso sí, xa podía estar caladiña mentras a súa irmá maior lavaba a louza con lavavaixelas Coral e escoitaba ao mesmo tempo a novela radiofónica Lucecita. As ocasións para que os nenos se enganchasen a estas series radiofónicas non faltaban, pois os sábados de mañá podíase escoitar, recomendada para os nenos, "Patty Corazón", que ía dunha nena que perdera a súa nai e se comunicaba co seu espíritu. Para chorar a moco tendido.
A rapaza decidiu que nunca fumaría tabaco "Celtas", e fartouse de escoitar a Raphael, que era o cantante favorito da súa irmá. Pero tamén cantaba cos Beatles, Roberto Carlos, Fórmula V, Os Diablos ou Miguel Ríos. Bailaba coa serie Fama e vibraba cos "Homes de Harrelson".
A pequena foise facendo maior. Comezou a probar a Tónica Schweepps invitada polo home do anuncio; pensou que se un día compraba unha máquina de coser que non fose Refrey, chamaríase Alfa, coma a de Pepe. Tería coidado cando comprase o cupón da Once, non fose a converterse en vítima do efecto mariposa da ringleira; deuse conta de que nunca tivera unha boneca de Famosa. Parecía fácil viaxar con Halcón, coma facía Curro; pintar o mundo de verde con Amena ou tomar un Martini imaxinando ter ao lado o elegante home dos óculos de sol.
Mais o que nunca, nunca, nunca faría sería perder a ilusión gracias ao... Calvo da Lotería.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario