viernes, 14 de enero de 2011

Xa estou cansa...

Xa estou cansa de que un día sí e outro tamén, teñamos que soportar nos telexornais ou na prensa escrita o mesmo conto en distintas versións a propósito da lei do tabaco.
Os políticos están ahí para crear e aprobar leis. Os xuíces para facelas cumplir. Os cidadáns de a pé, para cumprilas , ou para reclamar cando non estamos de acordo. Neste caso, penso que esta lei, coma todas, ten lagoas. Eu non son fumadora e recoñezo que marcar esas distancias estúpidas cos parques infantís, ou cos colexios, cando nos campos de fútbol, se o neno ou nena acompañan os seus proxenitores, poden ser vítimas directas do fume de quen se sente ao seu carón, ou enriba, ou debaixo...
Mais o que tampouco ten senso é que os fumadores se enrabichen todo o día, que parece que o que fan é un ben a humanidade e que os están privando de exercelo. O único que acontece, é que se puxo en funcionamento unha lei que prohibe fumar en lugares públicos. Xa está. Eu estou rodeada de fumadores. Seguimos saíndo os mesmos sitios. Se estamos varios, túrnanse para saír a fumar. Se somos dous e a mín me apetece, acompaño a persoa a fumar o cigarro. Se non teño ganas, espero dentro. Un fuma menos, e todos somos máis solidarios.
Ademáis, se queren usar o dereito da pataleta, poden esixir que o tabaco sexa menos manipulado. E dicir, que se fume máis tabaco e menos aditivos químicos. Que llo cobren máis caro se é preciso. Porque se queres comer caviar, págalo. Pero podes vivir sen él.
Por outro lado, hai innumerables actitudes políticas polas que lanzarse a rúa. Normas que teñen que ver coa educación ou coa sanidade. Todos os días en España hai decisións xudiciais que perxudican a persoas anónimas. Tódolos días hai inxustizas a nivel social. Prohibir o tabaco en lugares públicos é algo que tiña que pasar. Os hosteleiros deberán adaptarse a situación. Os fumadores tamén.
Porque cando se fai a lei, faise a... solución para remendar algúns dos seus puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario