jueves, 6 de enero de 2011

18 comidas

Fai un mes que non voltaba o Cine Norte. Exactamente un mes. Curiosamente, ese día fun a ver unha película marabillosa da que xa falei aquí. Ese día decidín a miña visita as salas tras unha comida especial. Hoxe, o mesmo día do mes, fun ver un film de comidas. Coincidencias da vida. Porque iso percibino durante o transcurso da cinta. E, entón pensei que a vida é así. Un cúmulo de encontros e desencontros.
Esta película, tamén mantén en común coa daquel día que a súa acción transcurre en Santiago, se ben a anterior, só se refería a cidade como a meta. No comezo, unha voz en off cóntanos como durante unha comida se xestan acontecementos agradables... ou desagradables. Pódese rematar cheo de ledicia, ou con moita tristura. Estou segura.
Comeza cos almorzos de varias persoas. Nuns hai risas, noutros silencios. Noutros decepcións. Así pasa co resto das comidas do día. Maravilloso Tosar, e o resto do elenco de actores e actrices galegos. Hai unha escea que me sorprende. É a da parella que remata a súa relación durante a cea polo medo do home. Négase a vivir coa súa noiva porque dí que él atópase moi ben. Que ten a mellor muller na súa vida, pero non quere compartir máis tempo con ela, porque pensa que, tal vez, nun período de 10 anos pódese acabar sentindo moi mal se esta o deixa. E ten medo a ficar soíño. Paradoxas da vida, a muller vaise e o home queda chorando. Acababa de romper coa muller que quería, ocasionándolle a mesma dor a ela, para previr un futuro sufrimento que, se cadra non ía ter lugar nunca...
Cada persoaxe esconde unha historia e moitos sentimentos enfrontados. Cada persoaxe pode ser substituído por ti, por min...

No hay comentarios:

Publicar un comentario