domingo, 16 de enero de 2011

Cinco horas con Mario

Hoxe lembreime desta obra de Delibes que eu lin fai aproximadamente uns vinte anos. Posteriormente, puden disfrutar da versión teatral interpretada por Lola Herrera. Moitas persoas dicíanme que se esa lectura non se fai un pouco empalagosa, porque no fondo, non é máis ca unha monólogo dunha muller resentida cos homes, con un en particular, que permanece de convidado de pedra, pois está morto, dentro dun cadaleito, compartindo escenario coa protagonista.
Ela comeza cos seus reproches sobre infidelidade, comportamentos incorrectos do home que fixeron sentir mal a súa muller, agasallos que ela desexou toda a vida e que él non chegou a facer... Tamén é verdade, que cando les o libro, recoñeces que esas actitudes son propias dos homes, e podes identificar a xenreira da vítima que aproveita a última noite de corpo presente do seu esposo, para vaciar o seu saco de carraxe. Pero, as veces, non podes deixar de comprender certas accións de Mario, pois a muller é un persoaxe sumamente particular.
En fin, que se non lestes o libro, recoméndovolo. Ás mulleres, porque vos ides identificar con Carmen en moitísimas cousas. Ós homes porque vos van pasar as ganas de que vos vele a parenta no tanatorio por se é verdade iso de que ouído é o último sentido que se perde e vos toca soportar cinco horas de verdades ou case verdades en algúns casos, sen poder dar un portazo, ou defenderse verbalmente.
No teatro, xa deixou de ser representada por Lola Herrera, unha mestra da escena, para ser substituída por Natalia Millán, que seguro manterá o listón ben alto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario