lunes, 3 de enero de 2011

Os Reis... ¡Que majos!

Xa non falta nadiña para a noite máis máxica dos nenos e nenas de España. A cousa é que no resto do mundo non teñen o pracer de ter que deixar os zapatiños colocados estratéxicamente para esperar os premios gañados por bo comportamento, que, case sempre teñen forma de xoguete, ou libro, ou bici, ou consola...
Cando eu era cativa, e mira que era unha meniña boísima, farteime de pedirlles que me trouxeran un bicicleta, pero o meu pai, residente no Brasil, abortou o plan. Aínda que pareza mentira, él tiña grandes influencias coas súas Maxestades Magos ou Majos, según o nivel de simpatía que se lles teña, e decidiu que ese vehículo era sumamente perigoso. Así que, en troques, ese ano recibín unha pulseira de ouro de semellante tamaño, que máis ben parecía para a muller dun dos Reis e non para unha nena fraquiña e un pouco escuchimizada. Claro que as súas Altezas reais, xa coñecían a miña futura dependencia do café, pois durante dous anos consecutivos, deixáromme un xogo de café exáctamente igual en ambos casos. Nun deses anos nos que eu seguía coa petición ciclista, deixáronme uns patíns. Para partir a cabeza non había mellor cousa, pois eu era un pouco temeraria no seu uso, e os aparellos en cuestión non reunían moitas medidas de seguridade. Agora, o ano que me fixo sentir importantísima, porque o regalo en cuestión era visto nos anuncios da tele e iso molaba mogollón, foi cando me deixaron naqueles zapatiños de goma con cordóns... ¡Un Exín Castillos!. A verdade é que nunca armei o castelo completo. O tamaño era o máis grande de todos, e pola miña banda, non había moita vocación de arquitecta.
¡Ai, aqueles tempos! A verdade, e que co segundo xogo de café, cando eu debía contar uns sete anos aproximadamente, descubrín... que Os Reis eran maxíximos. Eran coma se vivisen conmigo todos os días. As veces, querendo sorprender tanto, ata parecían un pouco toliños.
Agora, iso sí, o tempiño non pasa por eles. O meu ídolo, que sempre foi o negro Baltasar, mesmo segue igualiño. Non che hai coma ser Mago. Eu este ano vou tentar que me deixen o seu truco para conseguir a eterna... Bueno, para parecer que sempre estás embalsamado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario