Hoxe tiven unha boa sesión de risioterapia coa miña filla pequena. A verdade, é que como facemos en tantas ocasións, comezamos a falar de cousas. E tocoulle aos meus amores mozos. Non é nada novo, pois facémolo a miúdo na nosa pequena comunidade familiar.
Cando me remontei a aqueles fabulosos 17 anos, ou ata menos, con un corpo tan severamente fraco, que parecía raiar a anorexia, sin ánimo algún de frivolizar, pois andáballe preto, fixen o comentario estrela. Ese que saíu da boca dunha amiga miña daquela, que, ademais de guapa e ben proporcionada, era esaxeradamente bruta. E, cansa ela, de que eu triunfase co xénero masculino, mentras ela ollaba aos mozos que lle gustaban pasar de longo, dixo: "Non sei cómo te arranxas, pero mesmo pareces un taxi que nunca está libre". Isto sempre no mellor sentido da frase.
Á miña filla, isto causoulle risas. Coma case sempre que falamos do mesmo, pero, eu de parte da miña amiga Ana, que marchou cara o Brasil un día e non a voltei a ver, pido perdón pola expresión a aquela xente que se sinta ofendida. Pois é unha frase absolutamente machista. Un momento, o mellor non. Porque se eu era o taxi, era a que tiña o dominio da situación... Pois xa me gusta. ¿Seguirei sendo un taxi?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario