domingo, 21 de noviembre de 2010

O clube dos camiñantes

Onte fun unha máis dese clube. Tiven coñecemento del a través de Montse e Uxío. Unha parella encantadora.
Así que, o sábado 20, foi a miña estrea. E vaia iniciación, porque o percorrido foi fermoso, pero longo. Saímos de Salcido, fomos ata o Monte Tegra, e continuamos ata Baiona. Hei dicir, que a miña experiencia con esta xente, foi moi grata.
E, referíndome a min mesma, vou superando pequenos retos. Pois estiven dubidando de se ir ou non, xa que o día anterior tomei medicación para a gorxa. Aínda así, arrisqueime. Penso que superei o reto con unha nota máis ben alta.
Ademáis de medirme físicamente, en condicións climatolóxicas adversas e coa saúde un chisquiño mermada, tamén o fixen en canto a integración nun grupo xa formado de moito tempo. Pois era a única que se iniciaba onte. Penso que funcionou, ou polo menos, esa é a sensación que eu teño. Xa non é a primeira vez que fago iso. No obstante, ségueme impoñendo respeito, pois aínda que son moi extrovertida, tamén teño un elevado grao de timidez, que levo mantendo a raia moitos anos.
Non sei cando volverei a camiñar con eles. Pero cando volte, irei coa satisfacción de que a estrea foi moi agradable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario