domingo, 14 de noviembre de 2010

A nai mundial.

Esta composición de palabras foi utilizada por unha persoa para calificarme. Debo dicir o respecto que, non me considero en ningún momento semellante persoa. Para iso xa estaba a Sra. Tareixa de Calcuta, que ata gañou o Nobel da Paz por este motivo.
Pero eu, eu só son María. Non me paso o día facendo de mamá. A miúdo acóllome a ese neno que todos levamos dentro. Iso permíteme quitar ferro a certas cousas e vivir...mellor.
Outras veces, moitas veces, actúo como un adulto. O adulto que forma parte da personalidade dun ser humano medianamente normal. O que razoa, o que se responsabiliza, a que chora, a que disfruta, a que axuda, a que escoita, a que quere, a que odia(só un pouquiño) ... a que cociña, pero tamén goza cando lle cociñan, etc.
E, por suposto, tamén son nai. Moi orgullosa. A de verdade. A que ten dúas fillas. A que pretende estar ahí.
Outra cousa diferente, é cando son muller. Coas características que me definen. Sensibilidade( a que me fai chorar, rir, cantar, bailar, ou angustiarme as veces), protección( coido, protexo, axudo), solidariedade( acóllome as campañas en prol dos dereitos humanos, colaboro con O.N.G., etc.), irritabilidade( cando me provocan), tozudez( se penso que levo razón), e outras cousiñas máis.
O caso é que son unha persoa. Sinxela. Que só pretende ter unha vida paralela os demáis ou non, según se tercie. E para iso é necesario estar ahí. Unha persoa que ten moitas capacidades. Non me xulgues a lixeira... Analiza o por qué dos meus feitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario