Sen dúbida, a nova estrela que, por ser estrela antiga escintilará con máis fulgor, será D. Francisco Fernández del Riego. Porque o ceo brillante dos galegos ilustres, ten agora un novo membro. Con 97 anos, o home que impulsou a Editorial Galaxia, que foi presidente da Real Academia Galega, que investigou para enriquecer a nosa lingua, que viviu en galego e para o galego, decidiu embarcar cara a quén sabe onde. Mais o que si é seguro, é o idioma no que se desenvolverá a súa nova aventura. Porque se se fala, será en galego, se se escribe, será en galego, e se fai falla proporcionar o nome dun país, será Galicia.
As linguas son o berce dos que nacen ao seu carón. O alimento dos que aprenden a falar na súa ladeira, o agarimo dos que se mergullan nas súas augas, a ledicia dos que xogan as súas adiviñas... O leito dos que morren nas súas mans. Así transcurriu a vida de D. Paco respecto ao galego. Naceu nel e morreu con el.
Así que, para despedilo, nada mellor que utilizar as súas propias ferramentas: Adeus, investigador infatigable que ennobreceches a idiosincrasia do pobo galego.
Ata sempre príncipe das verbas azuis e brancas...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario