viernes, 12 de noviembre de 2010

O arco da vella

Lembro que, de pequena, alá naquel pobo onde nacín, era habitual observar o arco da vella cando chovía e saía o sol a un tempo. Precisamente, prodúcese por iso, porque as gotas da auga contidas na atmosfera, son atravesadas polos raios do sol.
O caso é que o arco da vella segue saíndo, segue amosando esas cores tan fermosas que comezan co vermello e rematan no violeta. Pero eu xa non o contemplo desde aquela fiestra, ollando alá cara o río, no cal a miña avoa dicia que bebía para amosarse tan fermoso os nosos ollos.
Isaac Newton, foi o que fixo un tratado sobre o arco da vella e a descomposición da luz branca nas súas cores. Pero non foi o primeiro, porque este fenómeno da natureza, sempre chamou a atención daqueles que o apreciaban. Descartes elaborara no seu momento un estudio o respecto, onde deixaba entrever que cada un de nós, ve o seu propio arco da vella, sempre distinto en cada caso.
Para algunhas civilizacións como a inca, este fenómeno representaba a sociedade. Así, cada unha das cores simbolizaba un factor de influenza directa nos humanos.
No Antigo Testamento, relátase que o arco da vella foi creado por Dios despois do diluvio universal, para prometerlle a humanidade que non habería outro acontecemento semellante.
Pero tamén é usado como símbolo pacifista. Pois en Milán, promovida por unha asociación destas características, colgarónse máis de un millón de bandeiras con este detalle, para protestar contra a guerra do Irak.
Está claro que, o arco da vella, ademáis dun símbolo divino para algunhas relixións, unha mostra do futuro para outras culturas, unha bandeira de paz ou liberdade para os acollidos a determinados movementos, unha sorpresa para os meniños, ou un recordo de nenez aloxado en cerebros coma o meu, é ... a máis fermosa obra de arte que ningún pintor, nin escultor, nin arquitecto... poderá nen sequera semellar. Porque o arco da vella é cor, auga, sol, luz... Maxia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario