lunes, 22 de noviembre de 2010

As segundas oportunidades.

Hoxe tiven constancia de como te sintes cando che negan unha segunda oportunidade na vida. A verdade, é que as segundas oportunidades so teñen senso cando son reais, cando se basan en proxectos concretos. E, neste caso existía base dabondo para poder facer a proba. Pero, han de ser dous ou máis os que o decidan, así que, a outra parte non quixo achegarse a acordo algún. Iso é o que me doe. Porque sei que habería as mesmas posibilidades de éxito que de fracaso.
Eu xa participei en moitas guerras, sempre ficticias, iso sí. E, sei que o que fai que as gañes non é outra cousa que pactar acordos.
Neste asunto, a outra parte negouse en redondo a aceptar trato algún. Así que, non segue a guerra, pero o tema polo cal comezou o conflicto quedou sen resolver. Iso é o que máis doe. Iso é o que non me permitirá vivir en paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario