miércoles, 24 de noviembre de 2010

O destino

Eu son das que non quere crer no destino. A verdade é que penso que éste elaborámolo nós. Construímolo coas nosas accións de cada día, coas nosas actitudes, e outras cousas.
Joaquín Sabina, ten unha canción chamada:"Cuando me hablan del destino". Hay unha parte que dí: "Las coristas y las farras se esfumaron con la guita", ou "Ni el camión de la basura tuvo un jergón para mí". Neste caso, o protagonista da canción, foi vítima dunha vida absurda. Aínda así, coñecedor do seu destino gañado a pulso, remata dicindo: "bajo los puentes del Sena, de los que pierden el norte, se duerme sin pasaporte y está mal visto llorar".
Claro, que tal vez podamos equiparar o destino co futuro. No meu caso, creo que o fago. E o futuro máis próximo é mañán. Por iso, penso que debo vivir cara a ese día. Aínda que, tal vez, o fago como dí Juanes na súa canción "Destino": "Todo el mundo tiene una estrella que muestra el camino, pero no los peligros, todo el mundo va con ojos ciegos, dejando la vida pasar". Sexa como sexa, o destino é para os que non cremos nel, coma a caixiña de sorpresas que, un día atopas, abres, e... disfrutas ou non. Para os que viven pendentes do seu desenrolo, ás veces é unha utopía e outras...
o tempo que pasou sen máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario