domingo, 28 de noviembre de 2010

Odette, unha comedia sobre a felicidade

Se alguén tivo o pracer, porque é un pracer, de ollar esta película, seguro que non se esquece dela endexamáis. Porque este relato visual en formato de comedia, non é máis ca unha simboloxía da vida real.
Odette é unha muller madura, que traballa nuns grandes almacens. Caracterízana as súas contínuas torpezas, e a súa actitude ante a vida, sempre tratando de atopar a felicidade, ou polo menos de manterse nese estadio máis achegado a ela. Por outra banda, aparece o escritor, un persoaxe que podería ter moitas razóns para ser feliz, e mostra unha actitude totalmente oposta a este concepto.
Eu penso que, se ves este film, debes ter a actitude de Odette: bondade, optimismo, e ganas de vivir sen danar a ninguén. Porque se te mantés neste plano, conseguirás achegarte ao verdadeiro mensaxe da película, que eu descifrei deste modo: "valeira o mellor de ti mesmo sobre os demáis, e desfaite do que te atemoriza, te ameaza, ou te engaiola nun pozo escuro".
E, se a túa maneira de subsistir non é nada parecida a de Odette, seguro que, mentras vexas o filme, farás un viaxiño por un mundo diferente, que te deixará cargado de boas vibracións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario