domingo, 7 de noviembre de 2010

Chegou o aniversario.

A verdade é que estou tan atarefada nas miñas cavilacions, que non me dera conta que xa chegou o aniversario do meu blog. Lembroumo a miña filla, que, tivo a ben recopilar unhas cantas entradas, as que a ela lle pareceron representativas desta andaina, é mandoumas o correo acompañadas dunha felicitación.
Non puden evitar chorar léndoas. Porque, ahí están concentradas vivencias, retos, esperanzas, agradecementos...
Este blog comezou sin que eu o decidise. Foi por iniciativa dunha das miñas fillas. Insistiu tanto, que conseguiu que cedese as súas pretensións. Poucos días despois, fun o cine a ver unha película que ía sobre a creación dun blog e o que iso desenrolou. Nun principio, negueime absolutamente a darlle publicidade entre os coñecidos. Só estaba o alcance de catro persoas. Posteriormente, e xa pasados uns meses, tamén sucumbín as presións para dalo a coñecer entre algunha xente. Só algunha.
Recoñezo que unhas entradas son menos amables ca outras. Pero é o meu blog, e acontécelle o mesmo ca min. As veces é máis agarimoso, e outras máis guerreiro. Se neste tempo alguén se sentiu ofendido, sinto. Non era a miña intención. Pero non vou escribir o que queiran os demáis. Vou reflexar o que sinto eu.
Aquí hai sitio para a ledicia, a reflexión, o coñecemento, e, as veces, a tristura.
No obstante, o carácter é absolutamente lúdico. A mensaxe vai dirixida a tí, ou a ti, para que te sintas máis perto de mín. Para que me coñezas mellor. Para que me leas e te preguntes....¿qué deberías preguntarte?

No hay comentarios:

Publicar un comentario