miércoles, 3 de noviembre de 2010

hexakosioihexekontahexafobia

Unha palabriña certamente rara, sí. Pois é que hoxe vai de fobias. E esa tan longa e estraña do título, non simboliza máis ca fobia o número 666.
Pero, a sociedade, padece grandes problemas coas fobias. Todas teñen nome, e todas poden chegar a paralizar a vida de unha persoa, se se levan o seu límite.
Por exemplo: se un día vas polo bosque, vai ser moi complicado que te atopes con alguén que padeza fobia as árbores(dendrofobia). Pero se tí tes fobia as abellas e te atopas con unha ou dúas, valo pasar moi mal, e isto chámase "apifobia".As abellas acostuman a estar perto de onde hai flores, e a algúns, non lles gustan nada, porque padecen "antofobia".
O máis difícil de soportar para un suxeito que padeza "nosocomefobia" será ingresar nun hospital. Eu mesma ei de dicir que debo padecer esta fobia aínda que nun índice baixiño. ¿Quen non? Pero se ademáis ten que estar sentado o personaxe anterior, pasarao moi mal, e é que estando afectado pola "catisofobia", faise moi complicado realizar esta acción.
Hai moita xente que o feito de achegarse a un can, suponlle un problema. Pois que saiban que o seu mal é coñecido como "cinofobia". E xa non digamos se o can en cuestión lle morde a outro, porque con ver o sangue, alguén que padeza "hematofobia", pode pasar un moi mal momento.
Pero se o que queres é ir o circo, asegúrate de que non te acompañe a persoa que teña a seguinte fobia: "coulrofobia", ou sexa, ós pallasos. E tampouco leves a pasear unha tarde de chuvia a un amigo que teña aversión a chuvia, ou sexa, "ombrofobia".
Pois xa chegou a hora de confesar as miñas fobias paralizantes. Se me queres ben, asegúrate de que non teña que ver unha serpe, porque padezo "ofidiofobia", e, mellor non me sometas a ningún tratamento con agullas, porque a "belonefobia" faimo pasar fatal.
Seguro que coma calquera humano que se precie, padeces unha fobia. Terás que soportala con ánimo e valentía. E, senón, pasalo fatal cando che toque. ¿Non terás medo do número 666?...

No hay comentarios:

Publicar un comentario