miércoles, 30 de marzo de 2011

Amor de... prima.

Eu teño unha soa prima. Refírome as de verdade. Esas persoas que chaman primos porque son fillos dun irmán de calquera un dos teus pais.
Tina, que así se chama, vive en Barcelona hai moitos anos. A verdade, é que votou case toda a súa vida alá. E, aínda que eu xa estiven duas veces nesa cidade, non me deu tempo a coñecer máis ca uns poucos recunchos. Por iso... por iso e porque coñece as miñas circunstancias dabondo, ela decidiu que na vindeira Semana Santa eu volte alí. Decisión persoal, sí señor. Desas que non te deixan dicir que non.
Por este motivo, e por outras cousas, hoxe voulle adicar o meu blog. Porque Tina é unha muller loitadora. Chegou a unha gran cidade, procedente dunha recóndita aldea, con tan só 16 anos. Posteriormente casou cun home negro de relixión musulmana. Tocoulle probar o machismo imperante no lugar de África onde lle tocou vivir. Pasou moitas vicisitudes para poder traer a súa filla para Barcelona. E, unha vez alí... fíxose adepta os Testigos de Jehová.
Casou de novo, esta vez cun home de orixe andaluz, co cal tivo dous fillos. Máis problemas, separación, abandono da secta, loita para criar os vástagos... Por último, depresión. Unha enfermidade que a sumiu nun negro silencio. Mais, ela pode con iso e con máis. Por tanto, acompañada do seu tratamento e do seu último, e parece ser que por fin, último marido, Manuel, ela está ahí. Aínda con folgos para lembrarse da súa prima pequena. Gracias, Tina.
Comezou a conta atrás. Xa estou agardando o momento de poder abrazalos, pois non nos vemos desde o verán. Ela terá moitas cousas que preguntarme, porque sabe que eu teño moitas que contarlle. Espero que revoloteen por alí esas pombiñas que sempre xurden nesas poesías que ela escribe. Seguro que nos volvemos a rir con aquelas ganas que o fixemos a última vez que estiveron aquí. Teño pendente ver a iluminación nocturna da Fonte da Praza de España. E comer a paella na casa do seu amigo Felip, prometida desde que estivera na miña de visita cos seus fillos. É bo ter unha ilusión. Pera se ben fabricada desde o amor, é moito máis especial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario