Mónica está hoxe de aniversario. Cumpre os que sexan, porque chegado un punto, non importan tanto os anos que se cumpran, senón as experiencias que se almacenan. Aínda que no seu caso ben poderían facerse públicos sen rubor para ela.
Aproveito o espazo en blanco que se abre diante de min neste blog, para verter as felicitacións pertinentes, pero tamén as grazas debidas. Porque Mónica foi, mellor dito, é, unha desas persoas que estivo e está aí, na miña vida. Sabe ben de que lle falo.
Mais, independentemente doutras cousas, están os momentos de lecer. É unha excelente imitadora das actrices de telenovelas. Non ten desperdicio coma deseñadora de interiores. Os gatos forman parte do desenvolvemento da súa vida e adornan o seu espazo. É unha enfermeira de vocación, non só de profesión. Na cociña vai prosperando adecuadamente, cada día máis preto do sobresaínte...
O feito de que esteas aí, implica que eu tamén estarei aquí...Aproveita o que che queda ata a medianoite. Mañá xa será outro día calquera.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario