jueves, 24 de marzo de 2011

Xogando coas cámaras

Nunca me gustaron as cámaras. Nin de vídeo nin de fotos. Quero dicir que o que odio é poñerme diante de ditos aparellos para verme posteriormente reflectida no resultado da súa acción sobre a miña persoa. Pero onte, salvei todas esas barreiras para... bueno, para botarlle unha man a unha persoa que eu penso que o merece.
Polo tanto, armada de valor e paciencia, que é moi necesaria nestes casos, dirixínme a Rúa do Príncipe para coñecer o cámara e a súa asistente, traballadores da axencia de publicidade que levaría a cabo a grabación do vídeo que se insertará na promo da concellería de igualdade. Decidiron enmarcalo na Plaza da Constitución. Iso respecto a grabación da frase que tiña que dicir. Posteriormente, fixéronse recursos en plena Porta do Sol. Paseíño vai, paseíño vén. Terrazas, visitantes, viandantes, camareiros... ata policías. Unha cámara sobre un trípode sempre chama a atención.
Sinceramente, hei de dicir que a cousa non foi tan tremenda como pintaba. Paseino ben. A compañía era agradable. Tivemos bo feeling. E, aínda que non son máis ca unha actriz amateur, penso que iso foime moi útil para o traballiño. Sobre todo, para aminorar tempo e repeticións. E para non agobiarme co público presente. Tamén co tráfico, pois na Porta do Sol, tamén pasan vehículos, autobuses e demáis, que se vén obrigados a parar no semáforo de turno. Ou sexa, a beiriña do lugar onde se facía o "traballiño".
Hei de recoñecer que estivo ben. Pero eu sigo defendendo a cercanía co público. Quero dicir que se tivese que escoller entre a frescura do directo e da improvisación frente ao producto de laboratorio, eu quédome co primeiro, sen dúbida. Pero... de vez en cando, hai que darlle unha oportunidade a aquilo que nos axude a derribar as barreiras mentais. Serán barreiras mentais ou será certo que as cámaras non me queren? Os que me ledes, xa opinaredes o repecto cando teñades a oportunidade de ollar o vídeo nas teles locais. Eu non sei se terei valor para verme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario