domingo, 27 de marzo de 2011

Un apagón sen estrelas

Onte tivo lugar o apagón mundial. Con unha hora de duración, comezaba as 20.30 horas e remataba 60 minutos despois. En Vigo, cidade que onte era un fervedeiro de actos,tamén se oscureceron anaquiños da cidade, aínda que tiñamos a inaguración do Auditorio, tan esperado, o partido do Celta, a Festa da Reconquista... ou a Camiñata nocturna, impulsada polo Concello de Vigo, e cuxo percorrido ía desde o aeroporto ata a Madroa. A fin deste traxecto, era o de poder observar as estrelas, acompañados da explicación duns profesionais na materia. Pero, o tempo, non nos acompañou, e tivémonos que conformar con ver a proxección do firmamento na pantalla do auditorio da Madroa, iso sí, coas debidas explicacións. De todas maneiras, aínda que a climatoloxía non nos permitise observar as estrelas, que tamén se apagaron naquel ceo mollado, a andaina foi moi interesante. E, non vos digo nada do chocolatiño ben quente que nos esperaba a nosa chegada o Zoo.
Cando camiñas, despréndeste do saco de problemas que nos acompaña cada día, para trocalo por unha mochila con unhas cantas cousas( no meu caso, algunhas máis). Compartes, axudas e axúdante, supéraste, ríste, pensas... e volves a pensar noutras cousiñas. A organización do Concello de Vigo neste programa, paréceme impecable, e, a presencia da concelleira, Chus Lago, en cada unha delas, a demostración de que a mellor propaganda dunha política é a súa implicación en todo aquilo que se propoña desde a súa área. Este programa do concello, permitiume coñecer a xente. Espero seguir disfrutando del. Aínda que espero que as estrelas estexan de festa na próxima ocasión na que a camiñata se desenvolva de noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario