Acostumados como estamos a ver os xaponeses suxeitando as cousas que repousan sobre as súas mesas mentras un temblor sacude o país, ou seguir narrando as noticias o tempo que se axitan nas cadeiras, parécenos que non hai nada que poida perturbar a frialdade propia desta xente. Pois hoxe, cairon todas esas expectativas. Un terremoto de 8.9 na escala de Ritcher, parece ser que é o cuarto máis grande na historia desde que se mide a súa intensidade, causou pánico, masacre e desolación en Xapón e en todos aqueles países bañados polo Océano Pacífico.
Este país conta coas construccións máis sofisticadas, destinadas a resistir as embestidas da natureza, pero todo isto está feito por seres humanos. O noso planeta é moi caprichoso, é moi traste, é moi forte. Deixanos crer que imos gañando o asalto, e, cando menos o esperamos, danos o golpe fatal. Así que é mellor non confiarse. É mellor utilizar a modestia cada vez que estreamos a última obra mestra...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario