Todos mostramos a nosa aprobación ou desaprobación en varios aspectos da vida cada día. Ás veces, só o facemos de maneira interior, con algún pensamento que non ve a luz. En cambio, outras, manifestámolo abertamente. Eu vou tratar de extraer aquí os aprobados ou suspensos que a miña mente ou o meu corazón estiman oportunos.
Aprobo:
- A xente que expresa os seus sentimentos sen medo.
- Os mestres e mestras que aman a súa profesión.
- As persoas que saben rir, que rin, que fan da risa un hábito.
- Aos funcionarios que te tratan coma unha persoa e non coma un número
- Aos cantantes que me fan chorar coas súas cancións, os que me fan
bailar con elas, os que cantan... porque aman a música.
- Aos homes que non son egoístas e respeitan ás mulleres.
- Ás mulleres que non pretenden igualarse os homes nas actitudes
deleznables.
- Aos políticos que só queren adicarse a unha labor social e humana.
- Aos pais e nais que son conscientes de que ter un fillo é adquirir
unha dificilísima tarefa que te ocupará de por vida.
- Aos que aprenden dos seus erros, aos que fan da vida un fermoso
reto.
- A mín, por chamarme María a pesar de estar previsto que me chamase
José María. Por rir moitas veces sen desexalo, por querer vivir
vivindo...
Suspendo:
- Aos homes egoístas, machistas e ...
- Aos pais e nais que esquecen a súa labor coma tales.
- Aos cantantes que berran calquera cousa aínda que sexa insoportable.
- Aos veciños que non queren os outros veciños.
- Aos mestres funcionarios corporativistas.
- Aos presumidos, avariciosos, ambiciosos...
- Ás mulleres de cabeza oca.
- Ás persoas que che quitan intimidade continuamente.
- Ás persoas que só se lembran de tí cando lles convén.
- Aos homes e mulleres do tempo que ignoran Galicia.
- A Belén Esteban.
- Aos políticos corruptos, maleducados, prepotentes...
- A mín, por tropezar máis dunha vez na mesma pedra, por prexuzgar
algunhas veces, por non frear a tempo outras...
En definitiva, quen son eu para aprobar ou suspender? Xa bastante teño con tentar comprender.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario