martes, 8 de marzo de 2011

Mulleres... Mulleres

Hoxe o mundo enteiro, incluído Google, honra ás mulleres. O caso é que esta data está marcada polo luctuoso suceso que tivo lugar na cidade de Nova Iorque, onde morreron no ano 1911 máis de 140 mulleres(na súa maioría inmigrantes) a causa dun lume, na fábrica onde traballaban.
Sexa como sexa, non é boa cousa ter que celebrar un día en favor das mulleres cando non hai ningún en prol dos homes. Claro, eles non o precisan, ata o de agora foron os amos do mundo. Non obstante, penso que aínda quedan moitos 8 de marzo por celebrar.
De calquera xeito, eu non me considero para nada misandra(que é así como se denominan ás mulleres que odian ós homes) pero é que levamos moitos siglos de vapuleo e desprezo. As que máis tempo pasamos na cociña, e resulta que os cociñeiros máis famosos son homes; as máis mediadoras, e a maioría de xuíces, homes; máis pintores, máis escritores... Os maiores causantes desta desfeita: as relixións. Todas. Machistas por onde queira que se collan.
Pero non pasa nada. Homes e mulleres imos camiño de equipararnos coma persoas. Con iso abonda.
Por certo, quero lembrar desde aquí a aquelas mulleres mortas polas súas parellas no que vai de ano. A ver se paramos isto xa.
E, por último, hei de referirme a unha homenaxe que facían na tele ás mulleres hoxe. Resulta que, ían destacar mulleres importantes no panorama español. Ollo ao dato! As que, segundo eles, conseguiran estar arriba con grandes esforzos, eran: Elsa Pataky, Penélope Cruz, Vicky Martín Berrocal... e algunha máis que xa non lembro.
O caso é que aínda hai mulleres que odian ás súas conxéneres, e homes que non nos queren, só pretenden utilizarnos... Estou segura que isto vai ser cada vez menos probable. Estou segura que o amor poderá aupar á muller no sitio que ten gardado o lado dos homes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario