miércoles, 9 de marzo de 2011

José Luís Sampedro

Hoxe recibiu A "Orden das artes e das Letras de España" José Luís Sampedro. Este home de 94 anos, dixo que despois de tantos anos de camiño, por fin conseguiu converterse no aprendíz de sí mesmo. Paréceme canto menos sorprendente, que unha persoa con semellante traxectoria, economista, escritor, membro da RAE desde 1990, exsenador, catredático de Estructura Económica, conserve a súa humildade intacta. Hoxe que nadamos no mundo da abundancia profesional, académica, material... non é doado atopar alguén que se califique a śi mesmo como un home que apostou polo ser humano e o seu pensamento.
No seu discurso, censurou o sistema económico mundial. Para el, estamos nun desenvolvemento sostible, absolutamente insostible. Laméntase de que a Humanidade aínda non aprendera a vivir en paz, e que, palabras coma "Competitividade", manden fronte a outras coma "Convivencia".
Ás veces paréceme que se lle dás demasiada importancia ao ser humano e aos seus sentimentos, se tentas obrar con humildade, se non actúas coa suficiente ambición, ou coa que os demáis consideran apropiada, eres unha peza fóra de lugar no rompecabezas da sociedade. Tíldante de romántica, de ilusa ou de sentimentalista. Mais, cando homes coma Sampedro, que conseguiron chegar ben arriba, se expresan así, é coma se un sopro de aire fresco invadira o lugar onde me atopo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario