Hoxe cumple anos unha das persoas que ocupa un posto especial na miña vida. Iria ten, a partir de hoxe un número máis no seu expedente vital.
Mentras, foi desenvolvendo a súa vida estudiantil axeitadamente. Xa está a piques de rematar a súa carreira. Leva un tempiño traballando de becaria para unha empresa. E, tal vez acabe pasando o vindeiro ano noutro país se lle conceden a beca que tanto desexa.
O seu cabelo sufriu transformacións varias neste período, pero segue conservando esa cor trigueña. E, as súas pestanas, continúan tan longas e ondeadas. A fotoxenia é un don perenne para ela, pois aparte da materia prima, que axuda moito, ten o sorriso apropiado para iluminar calquera fotografia.
A pesar das súas inseguridades, dos momentos de enoxo polo exceso de traballo, das discusións polo vestuario, ou dos comentarios que realiza sen anestesia previa de vez en cando... É unha boa rapaza. Desborda sensibilidade, posúe unha grande intelixencia, a responsabilidade representa para ela un estilo de vida, e penso que... Sinte por todos nós o que nós sentimos por ela... AMOR.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario