Vou comezar a entrada de hoxe pedindo perdón a todas aquelas persoas que sufran enfermidades paranoides. E isto, digo, porque como acontece tantas veces, facemos uso dos termos do diccionario como nos peta. Collemos unha palabriña, e usámola o noso antollo. A maioría das veces, frívolamente, sen ter en conta que, hai outras persoas que son víctimas do que representan esas palabras no seu significado máis auténtico.
Iso fago eu co termo "paranoia". Prentendo representar con ela certas manías que teño, pero que en ningún momento poñen en risco vidas ou modifican circunstancias normais. Por exemplo, aprópiome dela para representar o feito de facer debuxiños cando estou sentada nun sofá; de pasar a maior parte do día remangada; de ter que entender cada cousa que pasa o meu arredor; de levar un bolso cheo de cousas por se acaso...
de sentarme sempre na esquina da mesa ou pegada o corredor no caso do cine ou o outros espectáculos; de escribir na man os recados que me encomendan, de mirar o reloxo constantemente, de non tiralo da boneca cando estou na praia...
Esas e outras cousas, son características singulares da miña persoa, pero non teñen nada que ver con ningunha enfermidade. Por iso, a partir de agora, xa non teño paranoias, senón manías. Pero tamén lle pido a xente que utiliza o termo subnormal para describir actitudes pouco éticas, ou que califican de alzheimer un esquecemento puntual, etc. que o teñan en conta. Porque podemos ferir sensibilidades. Seguro que facemos dano a sabendas de que non queremos facelo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario