martes, 5 de octubre de 2010

Despois da pausa...

Xa chegou o momento de retomar as clases de teatro. Despois dunha longa pausa, volvo a atoparme con un grupo de nenos e nenas ilusionados por subir a un escenario e facernos disfrutar a todos(eu incluída) coas súas modificacións dunha personaxe determinada, cos seus lapsus e as súas interpretacións marabillosas.
A verdade, é que o grupo que teño nas mans este curso parece que vai dar moito de sí. Teñen ganas e dotes para este arte. O demais xa o faremos a monitora, e os papás e mamás que, seguro se prestarán a colaborar gustosamente.
Preparar unha obra para o Nadal é o noso reto. Labor complicada, pero gratificante. Non sei o que acontecerá na imaxinación de quen escrebe, non sei se imos conseguir convencer ó noso público, pero... estou segura de que non vai ser unha posta en escena calquera.
O tempo tampouco foi suave no seu paso desde que abandoei a práctica do ioga como disciplina. Xa pasaron polo menos tres anos. Durante este lapsus ocorreron moitas cousas na miña vida, pero entre elas non estaba o ioga.
Así que, tentando volver ós meus orixes,retomei esta actividade. De novo ser consciente de que respiro e como o fago. De novo tratar de manter a miña mente calada un pouquiño. Outra vez relaxar o corpo de verdade.
Son pequenas pinceladas que poñen cor a un outono, máis cor ó inverno que o siga. E, quen sabe...

No hay comentarios:

Publicar un comentario