sábado, 16 de octubre de 2010

Casting

Onte estiven no teatro. Para algúns será un entremento, pero para mín, como di a canción, é a vida mesma.
O espectáculo que tiven o pracer de disfrutar, trataba sobre as probas que temos que pasar os humanos. E, aínda que o reflexaba en dous actores de segunda que se partían o lombo acudindo a castings, o trasfondo mostrábanos a metáfora da vida.
O feito de existir, é pasar probas e máis probas. Para a nosa concepción, ten que haber unha persoa que decida escoller a outra. Para querer ou amar, debes buscar a persoa na que volcar ese sentimento. Para cuidar a saúde, eliximos os profesionais máis oportunos. Neses casos escollemos nós.
Pero, as veces, na maioría, a vida elíxete. Só por estar neste mundo, por existir, vas ter que pasar un e outro casting. Se consigues superalas, vaste sentir na plenitude extrema. No caso de non conseguilo, podemos caer no máis fondo dos buratos negros.
Prepararnos cara os castings que nos acomete a vida, conleva fortalecer o noso espíritu. As tres partes que compoñen un ser que son: o neno, o pai/nai, e o adulto,deben estar perfectamente coexionados para que consigamos salvar obstáculos. Non se pode actuar coma un neno de seguido, pero hai que conservar esas ilusións e xogar coa vida. Tampouco podemos pasar a vida protexendo os que queremos e esquecernos así de nós mesmos, mais, querer implica dar, compartir e, tamén, recibir. O adulto, é o que ten que ubicar a situación no punto correcto. Actuar cos outros dous e decidir. Despois, esperar o resultado. Seguro que con actitude perseverante, esperanzada, solidaria, e loitadora... Consíguese todo. Bueno, todo, todo.... Case todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario