Hoxe vou dar conta nesta entrada dos dous grupos de palabras que forman parte da miña personalidade ou da miña vida. Non están todas, pero si todas as que lembro agora mesmo:
Gústame:
Rir, ler, mirar, observar, amar, querer, axudar, aloumiñar, camiñar, actuar, a humildade, a sinxeleza, a sinceiridade, a solidariedade, viaxar, cociñar, chorar(cando merece a pena), bailar, cantar, escoitar, mimetizarme, falar,comprender, subir, baixar, pensar e decidir. Gústasme ti,lector ou lectora... As veces non me gusto eu...
Non me gusta:
Chorar(de dor), tremer, encollerme, odiar, ser hipócrita, estancarme, o luxo(sen medida), parar, parar e parar, subir e baixar, subir e baixar, enxordecer, descoñecer, ignorar, ocultar, preguntar e preguntar, respostar e respostar, dubidar,criticar, que me critiquen,perderme, pasarme, anoxarme, berrar, berrar máis, calar moito, calar máis, que me obriguen , obrigar, aburrirme, esperar, facer esperar, caer e non saber levantarme. Non me gusta non gustarme... non me gusta que non che guste... quen queira que sexas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario