domingo, 10 de octubre de 2010

A paz engaiolada

O recen nomeado Nobel da Paz, Liu Xiaobo, segue na gaiola. Mais, non así a súa estela de loita pola liberdade. Os humanos, podemos dominar os corpos, as cidades, ata podemos decidir cando outros deben calar ou falar, pero non conseguimos apoderarnos dos sentimentos, nin dos pensamentos, nin das consecuencias que van deixando no espíritu dos que os recollen.
E, a causa que emprendeu este home para establecer unha verdadeira democracia no imperio chino, tivo colleita. Unha colleita inmensa. A nivel mundial. O Nobel da Paz.
Din que a súa muller pudo falar con él na cadea e informalo do galardón. Outros afirman que non se sabe do seu paradeiro e que non chegou a comunicarse con él.
De calquera maneira, o xigante chino, recibiu unha mensaxe. Poden estar presentes nas tendas, poden, según din algúns, dispoñer dunha gran cantidade de dólares debido a súa expansión comercial, poden posuir a lingua máis falada no mundo, e ter o encoro máis extenso. Poden aleccionar os meniños para que sigan a férrea disciplina imposta, poden presumir de ter o Libro Vermello máis famoso no mundo e practicar o maior número de condenas a morte. O que nunca poderán acadar será a máquina que uniforme os sentimentos dos seus, nin a que troque a liberdade en sumisión. Noraboa Liu Xiaobo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario