jueves, 14 de octubre de 2010

Oportunismos

Afortunadamente os mineiros chilenos xa están na superficie. Quizais as secuelas do seu encerro involuntario, se fagan notar durante moito tempo nalgún dos casos. Outros levarano mellor, pero ninguén pode permanecer indiferente a esta vivencia.
Tal vez, o feito de que este rescate fose seguido minuciosamente pola prensa mundial, poida ocasionar confusión. Non esquezamos que sempre hai xente ávida de protagonismo, ainda que sexa basándose en circunstancias tráxicas.
A rumoroloxía xa estendeu comentarios de amantes que permanecían a espera o mesmo tempo ca súa familia; pais e nais que descoñecían o traballo do seu fillo na mina...
O verdadeiramente importante de todo isto, é que a técnica foi empleada neste caso da mellor maneira para salvar vidas. Que os rescatadores seguen sendo xente arriscada e valente, pero tamén, sobradamente solidaria. Independentemente que os políticos, coma sempre, aproveitasen a tesitura para gañar popularidade.
Mais non esquezamos que se eses homes quedaron pechados baixo terra, foi porque a organización da sociedade, que lles corresponde en maior medida os gobernantes, non soubo antepor a seguridade das persoas sobre outras cousas. ¿Cantos traballadores seguirán correndo perigo nos seus traballos?, ¿cantos seres humanos morrerán sen mediciñas ou de fame? Todo iso, mentras outras persoas poñen boa cara ante unha cámara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario