jueves, 28 de octubre de 2010

A morte é un bo negocio.

Xa o temos aquí. Coma todos os anos, novembro comeza precedido polo odiado(para algúns) cambio de hora, e co cheiro dos milleiros de flores que adornan os cemiterios de toda Galicia e do resto de España.
Respecto o primeiro, teño as miñas dúbidas sobre as ventaxas tan manidas polos políticos. A que me parece máis lóxica, é a postura daqueles que defenden a alineación do noso horario co portugués.
Pero o asunto que pretendo tratar hoxe, é o dos mortos. Porque aínda que eu respeto totalmente a postura daqueles que fan acto de presencia nun cemiterio cada primeiro de novembro para depositar, case sempre, uns ramos preciosos, tamén é verdade que me parece a demostración da hipocresía humana elevada o seu máximo grao na maioría dos casos.
Eu teño mortos no cemiterio. Mais, é verdade que non os visito. Non fago acto de presencia alí, pero sí que me lembro deles moi a miúdo, e procuro que sexa sempre para ben.
Non estou de acordo coas ostentacións. Aínda que sexan en forma de marabillosos ramos, que non deixan de supoñer diñeiro que se pudre sobre cemento ou pedra.
As veces esas flores proceden de familiares que, en vida, non mantiñan boa relación cos finados. Outras veces de xente que ten problemas económicos. Outras, de familiares que nin coñecían o desaparecido. E, case sempre, é unha maneira de facer relacións sociais con outros suxeitos cos que fai tempo non tiñan contacto.
Cabe destacar tamén os que fan rutas por varios camposantos. Os que se pasan unha tarde enteira ou mañá para observar e comparar a calidade de cada ramo. E, como non, os que miran e escudriñan cada foto inserta nas lápidas para comprobar os parecidos con outros familiares vivos da víctima.
Respecto, mais non o comparto. Non sei cal será o futuro do meu corpo cando o meu espíritu o abandoe. Pero, seguro que se acadan os meus consellos, queimarán os restos tras asegurarse de que estou ben morta. E, despois, ese pó, volverá a natureza. O contacto coa terra. Sen luxos, sen ataúdes, sen flores,excepto as que crezan polo lugar. Só espero que a estela do recordo non sexa de odio, nin de hipocresía. Senón de amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario