Para quen descoñeza a identidade deste home, que o dubido, dicir que é un membro da Real Academia Española dende o ano 2006, ocupando a letra R. É un escritor, editor e tradutor español, nado no ano 1951. Ten publicadas un bo número de obras, algunhas delas líderes en ventas. E eu teño algo que dicirlle hoxe:
Señor Javier Marías:
Diríxolle unha misiva que, seguramente, nunca lerá vostede. Pero, despois de ter ocasión de coñecer unha das súas opinións no xornal El País, datada no ano 2008, penso que teño o deber e o dereito de expresarme neste pequeno espazo da rede.
O artigo en cuestión, titúlase "Una región ocultamente furibunda". Facendo uso da palabra que se lle concede nese medio de comunicación, previo pago, obviamente, arremete vostede contra as persoas que facemos uso da nosa liberdade de expresar a nosa opinión a través dun blog, ou crítica de libros, ou recomendación de películas, ou ata aquelas que se sinten a gusto facendo de asesores de imaxe doutros. Porque cando un escribe con educación absoluta, non ten por que sufrir a etiquetaxe coa que vostede define este tipo de expresión escrita.
A xeneralización sempre é nefasta cando se usa para insultar ou menosprezar. As comparacións son absolutamente de mal gusto, sobre todo cando un pretende ridiculizar as actuacións do seu país respecto a outro. Para vostede, os blogs en lingua inglesa teñen moito mellor estilo cos de lingua española( en España hai outras linguas que seguramente a vostede lle costará entender), adxectivando a estes ou a xente que participa neles, como zafios.
Paréceme que vostede dispón agora mesmo dun blog. Non sei se escribe en español, pero vai ser mellor que se pase ao galego, pois senón vai ser vítima da súa propia crítica... Un home que vive da palabra escrita, non pode despreciar así o traballo doutra xente que, aínda porriba, non cobra e comparte solidariamente o que pensa. Unhas veces mellor e outras... máis desafortunadamente. En moitísimas ocasións, a verdade non radica en ser un persoaxe público, nin en ter un sillón na R.A.E., nin sequera en ser recoñecido mundialmente. Case sempre a verdade se atopa nas palabras de xente que se comunica con educación, sentido común e a sabiduría da experiencia vivida.
Absolutamente de acordo por outro lado na existencia de blogs insultantes... pero en calquera língua.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Creo que para ser un membro da RAE deixa moito que desexar. Decir cousas como:"No entiendo que tantos escritores tengan un blog propio", non son propias dunha persoa que ostenta un sillón da Academia. Quizá pensa que escribir (e publicar) solo pode ser privilexio duns poucos, e non concive que o resto do pobo chá se poida expresar por esta canle.
ResponderEliminarOu tamén "No sé, para mí sería una pesadilla tener que escuchar pacientemente a personas que no he elegido". Eso é menospreciar aos séus lectores. Non están ao seu nivel.
De pena.
Un saúdo, Alberte