Todos coñecemos os movementos que realiza o noso Planeta. Xira arredor do Sol, como gran Señor, que o é do noso Universo. Mais, aínda así, non deixa de dar voltas sobre ela mesma. Reflexionando sobre este asunto, eu cheguei a conclusión de que os seres humanos deberíamos realizar similares desplazamentos, cara os outros e para nós. De feito, eu creo que esa é unha das actitudes coas que nacemos. Porque somos parte dunha sociedade. Por iso, debemos realizar unha traslación contínua arredor dos demáis. Non para servilos, senón para axudalos, apoialos, escoitalos, animalos... Os outros non son tan poderosos coma o Sol, pero precisan de nós, da mesma maneira que nós precisamos deles. E, nese movemento amplo, tamén hai lugar para a diversión, o disfrute, a ledicia...
No obstante, se mentras nos desplazamos, esquecemos xirar sobre nós mesmos, a volta será incompleta. Porque cando descuidamos as nosas propias necesidades para satisfaccer as dos outros, cando nos mimetizamos nos problemas dos demáis e deixamos de visualizar os nosos, cando olvidamos ser parte para ser todo, non estamos capacitados para vivir a pleno rendemento.
A que escribe, adoptou nun momento da súa vida, a actitude de adicarse máis o entorno que a sí mesma. Pero, ser imprescindible para os demáis, fai que en multitude de ocasions, te esquezas de que non podes respirar polos pulmóns de outra persoa, nin rir co corazón doutro, nin sufrír o dolor dun corpo alleo. Así, que cando comecei a xirar a esquerda, ou a dereita, ou a esquerda outra vez... Descubrín que é moito máis doado facer unha roda ampla, moitísimo máis ampla e mellor debuxada. Non é difícil, tan só hai que tentalo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario