viernes, 24 de septiembre de 2010

O pais das liberdades...Ou dos rencores?

Outra vez mais voltamos a escoitar na prensa o anuncio dunha sentencia de morte nos Estados Unidos. Esta vez era unha muller, e o feito tivo lugar en California.
Supostamente, isto acontece nos país das liberdades. Paradóxico. Hai miles de posibilidades para facerte con un arma, está ben visto que os meniños se acheguen a elas a través dos seus maiores, poden deter a un menor en pleno colexio por pintar nunha mesa... Pero seguen practicando aquilo de "Ollo por ollo, dente por dente".
A fin de contas, admitir a pena de morte coma o mellor medio para saldar contas con un asasino, non fai máis ca incrementar o número deles. Planean unha morte coa parafernalia dunha festa. Recordemos que os reos teñen unha cea especial, poden ver a televisión, están expostos as miradas de rencor dos familiares da ou das víctimas, dos periodistas, dos encargados da organización do luctuoso evento... Teñen certos privilexios... a lo mellor, para lavar conciencias.
Por suposto que hai que pagar os crimes. Pero para iso están as cadeas. E senón, que lle digan os homes que protagonizan un anuncio na televisión facendo o Camiño de Santiago como se sentiron cando estiveron a carón da morte, sen ser culpables do delito que se lles atribuía.
Para min, a regla é que uns homes con actitudes inhumanas, castigan privando da vida a outros homes con actitudes inhumanas, que, a súa vez, mataron a outros. Terrible círculo vicioso. Non pode ser nada bo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario