É posible que a entrada de hoxe poida ser tildada de simpática. Seguro que non falta o humor. Deste xeito, con risas, naceu o sábado pola noite este clube. Non é complicado adiviñar o significado das súas siglas. Pero para aqueles que non o consigan, despéxolle eu a incógnita. M.S. quere dicir: mulleres separadas.
Todo comezou nunha cea desas que facemos de vez en cando. A que escribe, que está empeñada en que as sesións de risoterapia pódense ter gratis, decidiu crear este clube(un tanto imaxinario), a carón da recente separación dunha destas amigas. Porque de seis que compartíamos cea, só dúas permanecen felizmente casadas.
Algunhas de nós, rompemos coas nosas parellas por agotamento, soidade, en fin..., outras foron deixadas polos respectivos, e algunha ata sofre episodios de ameazas.
Todas temos en común que somos mulleres con medio camiño andado e con outro tanto por andar. Nalgún caso coma o meu, tivemos que botarlle valor para tomar a decisión, porque as condicións económicas non nos favorecen en absoluto. Outras téñeno máis sinxelo nese terreo. Unhas din que se acollerán ao celibato perpetuo, outras queren aterrar no mercado pisando forte, e, según elas, a que escribe, basándose na súa condición de romántica empedernida, seguirá crendo no amor. Porque eu creo que o amor existe, aínda que as veces teñas que esperar para atopalo. Seguro que elas tamén.
Claro que o noso recen constituído clube, ten cabida para todo tipo de persoas. De feito, dúas das nosas colegas están casadas e felices. ¡Oxalá lles dure para sempre!
Pero a función dos nosos encontros, non é outra ca botar unhas risas, cear un pouco máis da conta, tomar dous ou tres cafés en toda a noite, cantar no Karaoke sen ter moita idea, e estragar as coreografías que aos intérpretes reais lles costou tanto acadar. Chamar a atención nas cafetarías polas nosas risas imparables. Inventar historias e desterrar mitos...
Mais, a miña maior satisfacción, é que a última colega que se sumou a esta condición
social, pasou unha boa noite. Porque ser deste clube, non é agradable... Ou sí. Xa me estou esquecendo dos meus comezos nesta categoría. Debe ser que non me vai tan mal...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario