Hoxe lembreime dela. ¡Que paradoxa! Recordar a terrible enfermidade que borra a información do cerebro. ¡Coma se se poidese esquecer un desta terrible lacra!
No telexornal, facían mención a Pascual Maragall, unha víctima máis dela. Parece ser que este home esqueceu tres nomes de cousas moi comúns, e que cada día toma notas do acontecido para lembrar.
Na miña familia convivimos con esta enfermidade. Se me traslado os meus anos infantís, vexo a miña avoa materna tratando de convidar a chocolate a Rá Gustavo, do Barrio Sésamo. Para ela, a televisión era unha ventá, e, o moneco, un neno. É irremediable non rir ante algunha das actuacions destes enfermos. Mais recentemente, tamén a miña nai padeceu este mal. Para ela, eu podía ser súa sogra, a súa neta, ou unha veciña en poucos minutos. Pero, penso que calquera parentesco que me unise a ela nese momento, non podía borrar o amor de nai. Porque seguro que desaparecen os recordos, falla o entendemento e redúcese a mobilidade, mais os sentimentos fortes, eses que están ben ancorados no espíritu e no corazón, non desaparecen. Tal vez quedan disfrazados baixo unha mirada, un roce da man, ou unha palabra que non da saído... Pero, axudan a manter ata o fin a mínima dignidade de persoa. Así que, deixemos que, mentras podemos transmitir o amor con forza, estoupe no aire e salpique a todos aqueles e aquelas os que deba chegar... E debería chegar a todos nas súas distintas versións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario