¡Que pouquiño falta para que remate o verán! Pero é o ciclo do tempo e hai que disfrutalo, que non sufrilo. Xa que a temperatura acompaña, acordei ir a praia. Pero, esta vez, o meu destino foi a Praia da Punta, que eu sempre identifico coma a Praia da Guía.
Houbo un tempo na miña vida, no que acudía a ese lugar a cotío. Pero, como é lóxico, vas cambiando hábitos, e, agora,a máis visitada nos meus veráns é a de Samil.
Aínda así, hoxe sentín que a pequena praia da Guía, segue tendo un encanto especial. Non se pode facer o mesmo exercicio mentras camiñas pola súa beira coma na outra, pero como me traslado ata alí andando, xa compenso. Tamén atopei alí nenos, nenas, papás e mamás do cole. E na volta para a casa, concidín con un par de mulleres das que fai moito tempo non sabía nada.
A marea estaba baixa, e iso permitía que as persoas que nos atopábamos alí, tivesemos espazo dabondo. A auga estaba a unha temperatura ideal. E, coma sempre, os nenos corren pouco perigo o bañarse alí, pois apenas hai oleaxe, e cubre moi pouquiño. Ademáis ten bandeira azul, e se te cansas de estar na area, podes subir para o cespede.
Xa pouco ten que ver con aquela praiña máis pequena que eu aínda lembro, cerrada por un muro que pertencía a Etea, e desde onde albiscabas as mulleres ou familiares dos oficiais da Mariña disfrutar dun areal demasiado grande para tan poucas persoas. Pero está moi ben de vez en cando voltar as sensacions do pasado. E, a pesar de que xa é un espazo renova-
do , non deixa de ser un areal de barrio. Onde os nenos disfrutan cando pasa un barco grande para os asteleiros, que trae consigo unha pequena oleaxe.
Quizais non volva a visitar esta praia durante un verán enteiro, porque me tenta moito máis visitar Samil, pero tal vez mañá repita, porque alí sinto que vou facer unha curta visita a unha vella amiga. A esas que so visitas de cando en vez, pero as que segues querendo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario