Está ben clariña a diferencia. Xa no lo dicían naquel conto de Adán e mais Eva. As mulleres no vagón de cola. Os homes ocupando a preferencia e dirixindo a máquina, por suposto. Seguro que calquera tempo pasado foi peor neste senso, pero, ¿alguén pensa que os tempos de manipulación dos varons respecto das mulleres desapareceu? Eu teño a resposta. Non. E outra vez non.
Eles pensan que teñen a variña máxica colocada nun sitio moi especial. Algúns fan dela o centro da súa vida. ¡Qué pena! Mais tamén é verdade que as mulleres, a maioría das veces, deixamos que crean que poden facer grandes milagres xa sexa utilizando esa maxia, ou no caso dos máis normais, o cerebro.
Onte observei cando me dirixín a un lugar de baile, que o macho séguese considerando o rei da manada. Polo menos en algúns deses ambientes onde as mulleres fan o papel de manequín de escaparate e os homes de clientes de carteira chea, na maioría dos casos. Damme noxo esas situacións, porque ser muller é máis. Ser muller é elixir coa cabeza usando os fíos do corazón. As mulleres de verdade non se expoñen. Só se deixan querer cando atopan motivos. As mulleres de verdade queren cando se lles encende a chama do amor. As mulleres de verdade non se venden... nin dominan nin son dominadoras... Senón que viven e disfrutan.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario