O verán chega case sempre despois dunha longa espera. No nadal, añorámolo; no entroido pasamos frío a miúdo para rememoralo; e na semana santa, xa o vemos moi cerquiña, a un pasiño.
Claro que se a espera é semellante para a maioría, non é así a forma de encaralo. Nin sequera se disfruta da mesma maneira aínda que o escenario sexa o mesmo ano tras ano. Porque cada verán ten o misterio propio do ano, do tempo climatolóxico, da compañía...
Todas as estacións meteorolóxicas teñen o seu encanto, o seu misterio, o seu enigma. Mais, tratándose do verán, todo isto increméntase. Hai máis luz, máis liberdade de horarios, menos dependencia do roupeiro, pouca choiva...
Se como a mín, este verán cambiou cousas na túa vida, xa tes o recordo especial.
Se coma min, conseguiches aquilo co que viñas soñando tanto tempo, felicidades.
Se coma min, segues esperando que se produza o feito que debería darse fai un par deles... paciencia, que aínda nos quedan moitos días para que remate.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario